
Partido Popular de Melide
Persoas e Partido
Somos un grupo de persoas de diferentes idades, profesións e inquietudes que comparten un único obxectivo común: mellorar o presente e o futuro de Melide e dos melidenses. Nas últimas eleccións municipais do 26M acadamos unha maioría relativa, 2.140 votos que se traduciron en 6 concelleiros na corporación melidense, o que nos traslada a ser neste momento o único partido que exerce a oposición fronte o novo bipartito formado por AM e o PsdG-PSOE. O grupo municipal é a voz pero a letra conformana todos e cada unha das persoas que comparten o noso proxecto, que son moitas. Esta nova xanela pretende ser un canle máis de referencia informativa e de contacto permanente coa veciñanza.