Urxente buscar unha solución habitacional XA para as persoas que quedarán en risco de vulnerabilidad social polo derrumbamiento das suas vivendas por orde do Concello de Melide

17.01.2023
  • O PP de Melide solicita unha solución habitacional urxente para a persoa que quedará en risco de exclusión social unha vez exectuada a sentenza de derrubamente das casas localizadas na rúa María Casares e Rúa Camiño Vello. Solicitude a que o Alcalde e o seu goberno non resposta. 
  • Unha vez que tivemos coñecemento da situación por parte dos afectados e polos medios de comunicación xa que non temos constancia de que exista unha data concreta para executar o asunto, solicitamos que con urxencia, e baixo o amparo da Lei do contencioso Administrativo se lle busque unha alternativa habitacional aos afectados propietarios. 
  • Dende a nosa formación consideramos canto menos inxusto que se execute esta sentenza do ano 2014 con tanta premura cando existen casos de okupación ilegal no Concello de Melide das que o alcalde J.M. Pérez ten coñecemento tanto el como o seu goberno e non son capaces de actuar: nin cortan a luz nin cortan a auga, e nesta ocasión, unha persoa, que vén de investir todo o seu capital na súa única propiedade quedará en situación de desamparo. 
Solicitude presentada no Rexistro do Concello de Melide
Solicitude presentada no Rexistro do Concello de Melide

O PP non entende que o executivo melidense encabezado por J.M. Pérez teña tanta premura por executar unha sentenza do ano 2014, e non obstante, se nege reiteradamente a apoiar aos propietarios de vivendas okupadas, que tendo sentenza xudicial igualmente, a única resposta que obteñen do Concello é NINGUNHA. 

Por outra banda, o PP fai as declaracións que estima oportunas na súa labor de fiscalización rigorosa ao goberno, ao alcalde e os membros do mesmo, dentro da "liberdade de expresión" que constitucionalmente nos ampara, e polo tanto, non imos consentir que se nos acuse de non tratar adecuadamente datos que se inclúen en informes sociais. Estas son as declaración que fai o executivo Pérez-Prado dende a páxina de todos e todas os melidenses sobre a nosa solicitude:

Fronte a esta desinformación o PP ten que dicir o que segue: 

  • O PP respeta escrupulosamente o traballo de cada técnico municipal que desenvolve o seu traballo baixo preceptos legais.
  • O coñecemento que ten o PP do asunto como saberá ben o alcalde e os seus concelleiros é polos afectados xa que non solicitamos recentemente o acceso a ningún expediente relativo a este tema, que por outra parte, tardaríamos máis de 2 meses en acceder ao mesmo. TRANSPARENCIA XA!!!
  • Por suposto, que contamos coa autorización dos afectados/as para trasmitir e publicar a información, polo que utilizar aos servizos sociais municipais para defenderse da incompetencia dun goberno que NON É CAPAZ de respostar ao que lle pide a oposición é COVARDE e DEMAGÓXICO como todo o que ten que ver con algo que non convén ou non lle gusta a este Alcalde. 
  • Preguntamonos porque en vez de esforzarse tanto en atacarnos NON RESPOSTA AO QUE LLE PEDIMOS: diganos, Pérez, que vai facer vostede coa persoa que queda sen vivenda unha vez se derrube? 

Dende o PP de Melide seguiremos traballando dende unha oposición fiscalizadora, rigorosa e comprometida con Melide e cos melidenses, que é a eles, a quen nos debemos.