Unha visita infructuosa para Melide: En 3 anos de mandato a Deputación non inviste nin un so euro a maiores do que lle toca por dereito
Esta semana o goberno bipartito AM-PSOE convidou a unha visita institucional ao portavoz dos socialistas na Deputación da Coruña. Un dos motivos da visita era "supervisar" as obras na Avenida Toques e Friol, obras que por outra parte, lle deron máis que un dor de cabeza ao alcalde, quen tivo que mediar para evitar crises que afectaran ao seu goberno entre o tenente alcalde mellor pagado de Galicia e a súa concelleira de Cultura.
Cabe mencionar que estas obras de aglomerado forman parte do Plan de conservación de travesías da Deputación que por defecto realiza todos os anos en todos os puntos da provincia. Xunto con este anuncio o portavoz dos socialistas coruñeses e alcalde de Pontedeume, Bernardo García, anuncia tamén que se realizará un "proxecto" de aproximadamente 600.000 euros para a estrada que vai dende Melide (Santa María) ao núcleo de Ribadulla, Santiso.
Dende o PP queremos apuntar varias cousas:
- Sería bo para todos os melidenses que, despois de 8 anos de goberno na Deputación do PSOE e do BNG e despois de 3 agora aquí en Melide, se dignasen a repoñer as beirrarrúas do núcleo de Santa María ademáis de arranxar as fochancas desta estrada, que no que a Melide respecta, conecta os núcleos de Campos e San Martiño.
- Cando gobernamos sinalamos en varias ocasións que estas beirarrúas foran arranxadas pola Deputación, levando mocións ao pleno xa que consideramos que é denigrante que os veciños e veciñas de Santa María sofran tal despróposito tanto dende o goberno provincial como dende o goberno local que nin sequera se digna a facer labores de mantemento. Logo o alcalde alardeará de facer beirarrúas novas...asunto do que informaremos nas próximas semanas...
- En tres anos de goberno de AM e PSOE a Deputación máis saneada da historia dí que a Xunta "discrimina a Melide". A Deputación nace efectivamente para apoiar aos municipios da provincia; lamentable ver como executa tan so o 42% do seu orzamento e pídelle á Xunta, que ademais, ten ás súas costas toda a política social e sanitaria, que invirta máis en Melide, pero se o que inviste non o dan xestionado!!
Melide merece un goberno mellor, un goberno que realmente se faga oír nas administracións e que non deña esta imaxe en pleno Camiño de Santiago. Un goberno que se preocupe dos intereses de Melide e non dos intereses persoais do alcalde e tenente alcalde na Deputación da Coruña.