Un destino máis do bipartito AM-PSOE: 4 meses de retraso na xestión dos recibos das Escolas Deportivas e Culturais Municipais

17.02.2022

O PP de Melide vén de analizar os últimos decretos de alcaldía do último pleno ordinario.

De entre un dos asuntos dos moitos dos que o PP dará conta nos próximos días, extráese do estudio de dita documentación a falta de xiro dos recibos das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide dende o seu inicio o pasado outubro. 

"Dende outubro ata o 1 de febreiro, data na que emitimos unha pregunta plenaria preguntando o porqué e da que aínda non obtivemos resposta como é habitual por parte deste executivo local, non se emitiu nin un so recibo de cobro das Escolas Deportivas e Culturais" sinala Dalia García, quen amosa a súa preocupación de cara o peto dos melidenses "isto supoñerá o cobro acumulado de todos os recibos xuntos cun claro prexuízo para os melidenses usuarios/as destes servizos o que demostra unha vez máis o desbarajuste de xestión deste bipartito nesta e noutras áreas de goberno".

Houbo tempo de cambiar as ordenanzas para integrar nas mesmas a suspensión das actividades por causas de interese público (por exemplo a COVID) pero a pesares de que o temos demandando dende o noso grupo, o bipartito AM-PSOE permanece impasible creando un desequilibro nas economías familiares xa tocadas polo incremento estratosférico da luz e dos combustibles por non falar da inflación, agora tamén terán que facer fronte a un pago acumulativo dos recibos municipais por parte da incapacidade dos que nos gobernan.

"Dende o PP preocúpanos este modus operandi do bipartito local sempre remando a contracorrente do que necesitan os melidenses; instamos a que esta situación se revirta inmediatamente e se contemplen pagos fraccionados para os usuarios xa que non teñen que sufrir as consecuencias da incapacidade do bipartito local" sinala a portavoz dos populares melidenses. 

Ligazón da repercusión da nova na prensa: El Progreso de Lugo Bisbarra