Un 33% menos de investimento para Melide no POS+2022: Campo de fútbol e o Camiño a Petos terán que agardar pola chegada de máis fondos provinciais

03.02.2022

O primeiro que deberían explicar os que nos gobernan e NON defenden os intereses de Melide é a baixada exponencial das asignacións que Melide recibe da Deputación da Coruña. 

Primeiro.- O POS coñecido vulgarmente como o Plan de Obras da Deputación para os Concellos non é outra cousa máis que o reparto do que por dereito lle pertence a Melide pola recadación dos impostos municipal que fai a Deputación da Coruña: IBI (catastro), IVTM (imposto de vehículos e IAE (imposto de actividades económicas) e que volve a Melide en forma deste plan. 

Segundo.- Todos os grupos políticos deberían ter claro que o primeiro debe ser MELIDE e calquera ataque a súa autonomía debe ser defendido por quen lle corresponde. Lamentamos que o PSOE e AM -que parece estar en mellor sintonía incluso co PSOE provincial que o propio socialista e tenente alcalde mellor pagado de Galicia-, consintan a baixada de fondos provinciais que se reducen ao seguinte:

Os gastos correntes (luz e limpeza viaria) redúcense un total de 40.983 € con respecto ao 2021. 

O POS para gastos sociais de diversa índole redúcense un total de 96.323 € con respecto ao 2021. 

Os investimentos son de pena: so temos asegurados 183.248,79 € polo momento nesta anualidade 2022 que corresponde ao proxecto que explicaremos en vindeiros post (Pavimentación Mellora da Rúa Concepción Arenal e outras) do que temos serias dubidas. 

E ante isto temos que aguantar as impertinencias de Pérez e o seu goberno queixandose do pouco que inviste a Xunta en Melide?

  • Miren vostedes, todo o que custou a obra de remodelación integral do CEIP nº 1 xa integra nun so investimento o compromiso que a Xunta ten con Melide que é preto de 800.000 €. 
  • O mantemento da EDAR municipal supón un gasto acumulado de 2,5 millóns de euros. 
  • A Xunta acaba de financiar a I fase do sanemento de O Rañado: 133.000 euros, financiará o 80% do proxecto da II fase que rematará este saneamento. 
  • Remata de achegarlle ao Concello o proxecto, con todas e cada unha dos permisos sectoriais, de 216.000 € que solucionará parte do problema de lodos da zona de baño do Río Furelos. 
  • Elaborou o proxecto de canalización das augas do parque empresarial á EDAR municipal do que mantén o compromiso de sinatura dun convenio para o financiamento dun terzo. Unha anualidade perdida porque non son capaces de xestionar.

Cando un é incapaz de xestionar e de conseguir investimentos e servizos para Melide o que fai é esconderse, non mostrar a valentía política que debe ter un alcalde, e debatir con datos. Moitos dos datos que se dixeron onte no pleno por parte de Prado e Xosé, xa non digamos do Alcalde, son dunha manipulación sen límites. 

1. Os POS de 2011-2015 non son comparables co Plan Único que puxo en marcha dende 2015 a Deputación gobernada por Valentín. Con Diego Calvo como Presidente ademáis do típico POS convivían con este plan outros 5 plan de financiamento a Concellos polo menos. 

2. No 2016, datos que tamén argumentaron os voceiros do PSOE e de AM, (lamentable) xa gobernaba Valentín Formoso (PSOE) xunto co BNG a Deputación. 

3. Están tan obsesionados cos seus propios fantasmas que o que lle instou á portavoz popular, Dalia García, foi a que "fixeran patria coas siglas do seu partido" é dicir, aproveitasen que gobernan o organismo provincial para asinar algún convenio, é unha pena que se teña que botar man do POS para proxectos que poderían ir financiados vía convenio. Pola contra, tanto Pérez como Prado, entenderono de forma "personal", será que eles si sinalan continuamente ás propiedades da portavoz popular nun concello veciño.....

Seguiremos facendo oposición responsable, rigorosa, e sobre todo, TRANSPARENTE, para todos os melidenses.