Resumo do pleno extraordinario e urxente celebrado por segunda vez unha semana
O pasado luns día 7 de marzo fomos de novo chamados a un pleno extraordinario e urxente por parte do bipartito AM-PSOE para aprobar o que o día 3 de marzo, quedara sobre da mesa: á adhesión ao convenio de atención temperá da orde que a Xunta de Galicia publicou as bases o 31-12-2022 e abriu a convocatoria o 09-02-2022.
A piques de rematar a convocatoria da orde, pois remataba o día despois, o pleno celebrouse de maneira presencial o martes 8 de marzo ás 20.00 h a pesar de que a nosa portavoz, Dalia García, máis outro membro do grupo municipal popular, se encontran gardando corentena por COVID-19, motivo polo cal o grupo popular solicita e pon en coñecemento do grupo municipal AM-PSOE esta circunstancia para celebrar telemáticamente o mesmo.

Lamentablemente esta circunstancia non foi tida en conta por quen convoca o pleno, que é o que o presidente do mesmo, J.M. Pérez quen lle comunicou o luns mañá que non iba ser posible a nosa portavoz. Aínda así, agradeceriamos que no pleno, se tivera corrixido ao segundo do señor alcalde, o señor tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado, quen á alusións da viceportavoz, Mª Jesús López Mourón, sobre da urxencia e a importancia do pleno, Prado indicoulle que "non debe ser tan importante" xa que so están dous concelleiros do PP.
A este respeto dende o PP querese informar a veciñanza, que é a quen nos debemos:
- Tanto a portavoz, Dalia García, como un membro do grupo municipal atopabase gardando corentena por COVID.
- Outro membro do grupo popular atopabase de baixa laboral no seu traballo o que lle imposibilitou acudir ao pleno.
- Dous plenos extraordinarios e urxentes no medio da semana supoñen a alteración da axenda de quenes non se dedican exclusivamente á política e teñen o seu traballo polo que a acusación do señor Prado e a falta de disposición do bipartito a atopar outra medida de conciliación para o grupo popular foi manifesta. Lamentamos que fóse asi.
Asi as cousas, o PP deixou claro unha vez máis a súa posición xa coñecida polo bipartito AM-PSOE dende o xoves pasado:
- A favor do servizo financiado nun 80% pola Consellería de Política Social do que Melide xunto outros concellos se verá beneficiado. Neste sentido hai que subliñar que hai máis dun ano que se lle formulou por parte de iniciativas privadas este proxecto ao goberno AM-PSOE e non se aceptou. Grazas á presión cidadá e a iniciativas da sociedade civil que estudaron a posibilidade de poñelo en marcha o bipartito melidense reaccionou...tarde..mal e arrastras.
- En contra das formas e do tratamento do expediente: primeiro pola urxencia e a falta da maioría para aprobalo o que sobrecargou os servizos municipais; segundo porque o PP nin sequera tiña o convenio en tempo e forma do que se iba aprobar cuns informes nos que non podía ter o seu voto a favor.
- O rídiculo dun goberno que solicita unha subvención ás presas, que agardemos, non fose en balde, porque cos informes de Secretaría e Intervención que non permiten a fiscalización tanto de Melide como doutros Concellos dubidamos moito que non se alongue máis esta tramitación e non se teña que subsanar o expediente.
Agardamos que para futuros acordos se teña un pouco máis de respeto polo Pleno que é o órgano superior da democracia melidense.
E agradeceriamos moito que arranxaran o micro da portavoz do PP xa que en sucesivas grabacións que casualidade! que sempre se escoita a todos os voceiros máis ao alcalde e se "silencia" ao PP. Non queremos crer que sexa intencionado.....
Ligazón ao pleno colgado en Youtube, a partir do minuto 12:00 intervención da nosa viceportavoz, Mª Jesús López onde a penas se escoita mentras que os demáis teñen un sonido nítido.