Publicación do informe de avaliación ambiental da parcelaria Grobas - Baltar - Golán

O pasado venres 2 de decembro o DOG publicou o informe da Dirección Xeral de calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de reestructuración parcelaria de Baltar-Golán-Grobas no Concello de Melide.
Este informe é favorable sometido a condicionantes e pódese consultar na seguinte ligazón.

Así as cousas este é o resultado do traballo realizado polo PP estando na alcaldía onde se escoitou as demandas veciñais e se solicitou que se traballase en conxunto coa Consellería de Medio Rural ao entregar as sinaturas dos veciños interesados no ano 2016 tal e como pode consultarse no expediente colgado no Servizo de Estruturas agrarias.

O PP de Melide recorda que o prazo para a finalización de alegacións ao Estudo Ambiental remata o vindeiro día 15 de decembro.
Calquera que queira consultalo, pode poñerse en contacto co PP de Melide ou descargar o proxecto picando aquí.