Primeira repregada do bipartito AM-PSOE

02.08.2019

O pasado día 2 de agosto coñeciamos polas redes sociais do Clube Ciclista Melidense que este ano, o día 15, non ían celebrar o día da Bicicleta, cuestión que xa sospeitabamos ao non incluír dito evento no  primeiro cartel que se difundiu das festas do San Roque'19. 

Os motivos que o club ciclista expoñía no seu comunicado de prensa para non levar a cabo este evento non eran outros máis que, unha vez reunidos cos novos responsables locais de Adiante Melide e do PSOE para renovar o compromiso co Concello de Melide, estos rexeitaran prestar o apoio económico que anualmente recibía o club debido a que "non había nin un peso" segundo rezaba o comunicado que podedes consultar aquí mesmo. 

Logo de denunciar publicamente como formación política que durante o  goberno popular sempre se apoiou a todas e cada unha das iniciativas culturais e deportivas da vila que anualmente desenrolan actividades de grande repercusión económica e turística para Melide, e que polo tanto, a subvención a o Clube Ciclista así como a outras entidades de Melide estaba garantizada que fai o goberno local?

Pois buscar a desculpa que se está voltando xa no "mantra" do novo goberno bipartito: nós non sabiamos nada, foi un malentendido. 

Aledamonos por Melide, polos melidenses, polos que pedalean, polos que non, por esta rectificación express de Pérez, de Prado ou de Xosé, para que poidamos desfrutar  do Día da Bici o vindeiro 15 de agosto, e da mesma maneira de todas e cada unha das actividades que todas as asociacións de Melide levan a cabo para todos nós e que o goberno do PP deixou garantidas como demostra este cadro. 

A repregada é un termo militar que en moitas ocasións ao longo da historia veu a salvar vidas, mesmo o gran conquistador europeo, Napeoleón tivo que facer uso dela en Moscú. 

Agardemos que non haxa moitas máis repregadas coma esta e que os novos responsables municipais sexan máis precavidos á hora de usar a súa coñecida estratexia política: "todo o que non somos capaces de xestionar é culpa do goberno do PP".