O PP de Melide denuncia que segundo os datos que manexa actualmente a demolición das vivendas non se executou coas adecuadas garantías en materia de residuos
- O Concello de Melide realizou o derrube das vivendas situadas na rúa Maria Casares e Camiño Vello de Santiago o pasado mércores sen as debidas garantías en materia de residuos, denuncia o PP de Melide.
- Obviou as obrigas que se establecen neste eido no RD 105/2008, de 1 de febreiro, polo que se regula a producción e xestión dos residuos de construcción e demolición ou na Lei 7/2022, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
- A normativa nesta materia establece que que nas obras de demolición, deberán retirarse, prohibindo a mexcla con outros residuos, e manexarse de maneira segura, en particular o amianto. A partir do 1 de xullo de 2022, os residuos da construcción e demolición non perigosos, deberán ser clasificados, en ao menos, diferentes fraccións para facilitar a súa correcta valorización ou reciclaxe.
Melide, 27 de febreiro de 2023.- Os populares de Melide pedirán que o Concello de Melide faga público o plan de xestión dos residuos de construcción que a empresa contratada para executar a sentenza debe ter en vigor.
Segundo a imaxe que pode contemplarse dende o pasado mércores nas propias parcelas están os residuos de construcción sen separación algúnha aínda cando a normativa estatal e autonómica obriga que o poseedor dos residuos está obrigado a evitar a mezcla de fraccións que impidan ou dificulten a súa posterior valorización ou eliminación.
Así mesmo, a lei establece que "sen prexuízo da normativa específica para determinados residuos, nas obras de demolición, deberán retirarse prohibindo a súa mezcla, outros residuos e manexarse de maneira segura as sustancias peligrosas, en particular o amianto". Esta obriga incrementase a partir do pasado 1 de xullo de 2022 cando se sinala esta data como o inicio do prazo para que os residuos da construcción os residuos da construcción e demolición non perigosos, deberán ser clasificados, en ao menos, diferentes fraccións co fin de facilitar a súa valorización e reutilización.
Os populares melidenses puideron comprobar que sobre a parcela permaneceron os residuos creados consecuencia da demolición das dúas vivendas sen previa separación nin retirada de residuos considerados perigosos. Así as cousas, rexistrarán no Concello de Melide unha solicitude co fin de que o goberno bipartito local faga público a autorización que como xestor de residuos debe ter a empresa encargada da execucción da demolición, cuestión, que dende o grupo municipal popular se pon en dúbida.
Lamentan ademáis que esta é unha mostra máis do desleixo, a falta de empatía, a discriminación á hora de cumprir a lei para uns e para outros do goberno que preside o independente J.M. Pérez. Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala "é canto menos curioso que a mesma empresa á que lle reclamamos que xestionara ben os residuos de obra pública na obra de San Antón e que non procedeu á súa retirada ata que procedemos a denunciar, agora, sexa a mesma que mediante contrato menor realice o derrube e cometa os mesmos erros, nun asunto tan sensible como é o derrubo dunhas vivendas".