Pleno Ordinario de Xaneiro: a inxusta suba da taxa do velorio municipal a 250€

06.02.2020

O PP de Melide expuxo, na persoa da súa portavoz, Dalia García, a excusa por parte de Prado e Pérez de utilizar o recurso de "mellorar a redacción" para subir o velorio municipal á 250€ por servizo nun pago único cando antes era un pago dividido por tramos horarios.
"Se se quere mellorar o servizo o goberno municipal debería comenzar por coidar as instalacións municipais xa que hai máis dun mes que o secador de mans no aseo de mulleres non funciona e ten unha mala imaxe con cables colgando e a cortina da sala 2 está rota"

Nun pleno marcado por asuntos de tramitación administrativa ordinaria, o PP de Melide preguntou ao goberno cál era a causa do cambio do prezo por utilización do Velorio Municipal e se as empresas afectadas tiñan participado no proceso dado que foi a agrupación popular quen informou aos empresarios do cambio de prezo proposto polo bipartito municipal. Non obtivemos resposta clara por parte do voceiro de Adiante Melide, quen claramente faltou á verdade ao obviar terse reunido co gremio, ou con todos os afectados, antes de tomar decisións deste tipo. 

Dende o ano 2012, ano no que se produciu a última modificación da ordenanza, a taxa por utilización do velorio era de 180,90 € por un período de 24 h, enténdose que era o uso común que todo usuario/a ía pagar, xa que son os casos máis cuantiosos. Por outro período superior, fose éste cal fose, pagaríase a maiores un recargo de 90,45 euros, é dicir, apuntan os populares, por defuntos, que por causa sobrevida, tivese que botar dúas noites no velorio municipal ou incluso máis. 

"Agora o que nos encontramos é un pago único de 250€, que estudado o expediente, non entendemos porqué non se establece unha mellor redacción lingüística, se a que había deu lugar a confusión ou interpretación, o grupo popular non será quen diga o contrario, pero o que se levou ao pleno foi a adopción por parte de AM e do PSOE de modificar o prezo total do servizo cunha suba directa de 70 euros nos servizos de velatorio máis comúns, enténdase a utilización do velorio por 1 día" informan dende o grupo municipal popular. Pola contra agora pagaremos 250€. 

Ademáis, non se buscaron formas de colaboración e consenso cos principais colectivos afectados ademáis de reiterar a natureza de servizo público do velorio, que debe estar en boas condicións cousa que a portavoz do PP lle recordou ao goberno vista a sua deixadez. 

García recorda que o goberno é por suposto lexítimo para aprobar este tipo de modificacións, pero non estaría de máis adoptar consensos coas empresas afectadas xa que se verán obrigadas a voltar a negociar coas empresas aseguradoras xa que ao cambiar unha ordenanza sen previo aviso e sen problemática ningunha ata o momento lles traera claros prexuízos aos particulares. Os populares engaden, o primeiro foi subirse os soldos chegando a gastar case 35.500 € máis ao ano, o segundo foi contratar a un Xefe de gabinete sen gabinete e o terceiro, comezar a subir impostos en servizos públicos fundamentais como o velorio.