Outro pleno extraordinario e urxente: chove sobre mollado para o goberno de AM-PSOE

15.06.2020
  • O silencio do goberno bipartito local ante os vertidos reiterados das últimas semanas levou ao alcalde a queimar un cartucho ao desesperado, acudir a pleno coa demanda que os empresarios do parque empresarial lle propuxeran o pasado febreiro de instalar unha depuradora no polígono. 
  • Unha demanda moi lícita e xustificada sobre a que o PP se manifestou a favor logo de esixirlle ao goberno bipartito un cronograma de actuacións, un proxecto, un orzamento, en definitiva, un plan de traballo, ante o que a nosa formación o que único que obtuvo foi SILENCIO. 
  • Tampouco contestou o alcalde nin o seu socio do PSOE á pregunta da nosa portavoz, Dalia García, de porqué non se solicitou á Xunta o pasado febreiro a depuradora se así, o goberno local o decidira, logo dun cambio de criterio respecto á posición dos populares.


Melide, 15 de xuño de 2020.- Unha vez máis o grupo municipal popular foi chamado a un pleno extraordinario e urxente sen previa Xunta de portavoces ou comisión informativa obligatoria segundo o ROF. "Nunha semana,  o goberno municipal convocounos para un pleno ordinario no que puido perfectamente poñer sobre a mesa este asunto; isto é unha mostra máis da improvisación e paralese do bipartito de Pérez e de Prado xa que tan so sete días despois do pleno ordinario voltamos un pleno extraordinario; non sabemos o que é agora máis urxente que hai unha semana, ou hai meses", apuntan os populares, sobre o tema dos vertidos no parque empresarial. 

No pleno os populares instaron ao alcalde a que se manifestara sobre os seguintes puntos: 

  1. Porque non se acolleu o Concello de Melide á orde da Consellería de Industria  na que se permite solicitar para parques empresariais instalacións depuradoras como si o fixeron outros concellos. 
  2. Porque non realizou o goberno municipal un estudio exhaustivo das canalizacións do polígono tal e como, hai un ano, aconsellaba o traballo que o PP deixou ao respecto deste tema sobre da mesa. Sen iso é imposible controlar os vertidos ou estudar unha solución seria. Non habería depuradora que o aguantara. 
  3. Cal é o motivo do cambio de criterio; con que se reuniu o goberno para solicitar investimentos; onde está o proxecto? onde está o orzamento? onde están os permisos sectoriais? 

A resposta do executivo local foi nula. "O alcalde e o seu socio necesario non subo contestar nin a unha soa das nosas preguntas; sen esos datos o acordo é papel mollado; unha cortina de fume fronte aos empresarios" califican os populares, sorprendidos de que o goberno local se atreva a elevar a pleno un asunto de tal trascendencia sen un estudo ou proxecto técnico e orzamentario adecuado. 



Os populares manifestaron que no ano 2017 Augas de Galicia licitou por primeira vez a redacción do proxecto de conexión das augas á EDAR municipal, unha instalación que está hoxe día ao 40% da sua capacidade e que, está integramente xestionada por Augas de Galicia. "Isto é unha garantía de mantemento e tratamento a custe cero para Melide; no caso que nos ocupa, o alcalde non soubo dicir a quen vai repercutir os custos necesarios de mantemento dunha depuradora que son superiores a 200.000 € /anualmente falando; tampouco sabemos se baralla algún tipo de estudo socioeconómico, cuestión que deberíamos coñecer para acometer tal investimento". 

O criterio para realizar o estudo e o proxecto técnico de conexión á EDAR foi a aposta dos populares durante os seus mandatos, decisións guiadas única e exclusivamente por un criterio netamente técnico. 

En palabras da nosa portavoz, Dalia García, "nas decisión relativas ao tratamento de augas residuais sempre nos guiou o criterio técnico, queremos deixar claro que nunca foi un capricho do PP, por desgraza, agora non se nos explica porqué se cambia de tornas ou en que se basean as decisións do bipartito, o que nos queda claro, unha vez escoltado ao alcalde  e que o goberno non ten nin idea do que vai facer". 

O proxecto de Augas de Galicia que se xestou durante o mandato popular estará listo máis tardar en xullo do presente ano e o goberno AM-PSOE terá que explicar porqué non aceptou no pleno a nosa proposta de finanzamento a tres da instalación da "hipotética depuradora" reiteran os populares. 

A proposta era sinxela; se se cambia de criterio terá o goberno un proxecto, terá o goberno os permisos xestionados (Augas, Medio Ambiente e Patrimonio Cultural) logo dende o PP propoñemos que no prazo dun mes se asine un Convenio por parte da Xunta de Galicia para financiar 1/3 do custo da instalación. 

Ademáis, aproveitando o posicionamento de Melide na Deputación, xa que a nosa portavoz é Deputada provincial, comprométese a presentar unha moción na Deputación da Coruña para que sexa esta entidade quen financie outro terzo de investimento. 

O último terzo competera ao propio Concello, titular e responsable da competencia. 

A pesar da vontade de colaboración do PP, a proposta foi rexeitada polo alcalde e o seu socio; dende a bancada popular lamentan por unha banda utilizar o pleno para traer cuestións sen traballar por parte do goberno e por outro, que a lo menos, se teña que agardar un ano máis a que se publique a orde da Xunta para solicitar o financiamento cando se podía asegurar mediante convenio nun mes vista. 


Noticias relacionadas: 

La Voz de Galicia