Os populares da comarca de Melide avalían os 100D de goberno dos seus respectivos concellos
Nunha xuntanza de traballo os populares da comarca da Terra de Melide viñeron de avaliar os 100 días dos novos executivos municipais. Os portavoces dos grupos populares así como membros do seu equipo coincidiron en traballar dende o minuto un para recuperar a confianza perdida dos seus veciños e veciñas así como para facer unha oposición constructiva, rigorosa e sempre dende o respeto polo ben de cada seu municipio.
"O noso obxectivo é voltar a alcanzar resultados que nos devolvan o goberno dos nosos municipios, dende o día seguinte ás eleccións do pasado 26M estamos centrados niso", apuntan tanto García (Melide), como Pallarés (Santiso) ou Castro (Toques).

No caso de Melide e Toques ambos os dous equipos coindicen que os bipartitos son unha fórmula que xa demostrou nun pasado que priman máis os intereses partidistas que o interese xeral da veciñanza. Ista situación non lle é allea nin a Toques nin a Melide xa que o pasado día 15 de xuño, cando as novas corporacións tomaron posesión, o 17 luns a prioridade non foron os vecinos e vecinas de Melide ou de Toques senon que o reparto de áreas e as discursións sobre os soldos foron a tónica habitual.
No caso de Santiso, onde se consolida unha das poucas maiorías absolutas do BNG, os populares subliñan a pouca vontade política do seu alcalde para acometer novos retos dentro do municipio, sumido nunha dinámica de rutinas pouco produtivas para situar a Santiso no mapa galego, como un municipio modelo dentro da Galicia rural.
O 10N: un reto de movilización
Os populares dos tres municipios tamén analizaron a campaña de cara o 10N, a terceira deste ano 2019, na que se poñerán a dispor dos veciños e veciñas de cada seu municipio, abogando por unha campaña de cercanía, na que a prioridade sexa alcanzar a gobernabilidade que até o de agora non posúe España.
Manterán reunións comarcais mensuais de carácter sectorial co fin de que a información sexa unha constante tanto para os propios equipos como para os veciños e veciñas que queiran achegarse á sede popular para formular ás súas demandas.