Os melidenses en nucleos rurais pagan ata por conservar filas de carballos centenarios

07.12.2021
  • Este é un exemplo real que está acontecendo en varios núcleos afectados pola revisión de valores iniciada en novembro do ano 2020.
  • O bipartito de Pérez xunto co PSOE permanece calado mentras que os melidenses se atopan desamparados ante situación inauditas tributando por filas de carballos como solo urbano.

Melide, 7 de decembro de 2021.- O PP denuncia que esta revisión de valores en nucleos rurais non foi froito da casualidade senon que obedece ao feito de ter que ingresar máis fondos nas arcas municipais para sufragar a subida de preto de 600.000 € en soldos.

Os populares explican que Melide xa tivo unha revisión catastral obrigada pola UE no seu momento e que supuxo a regularización de inmobles nos 8.132 municipios de toda España, revisión que finalizou no ano 2015. A partir de ahí, nos mandatos populares sempre se baixaron os impostos: o tipo pasou dun 0,55 ata un 0,45 tanto en rural como en urbano que é o que se mantén hoxe en día. Ademáis os populares bonificaron as construccións agrícolas e gandeiras no rural melidense en consonancia coa política de impostos 0 no rural da Xunta de Galicia.

A realidade actual é ben distinta: supón grabar con impostos e atrasos de ata 4 anos a 2.732 contribuíntes que no caso de que non se recurra terá un efecto permanente. Dende a formación popular, esixese unha resposta por parte do bipartito melidense ao tempo que aquelo que podría ser unha anécdota se converteu en normalidade ao tributar fincas rústicas como urbanas polas cales pasan líneas de alta tensión, fincas que non cumpren os mínimos establecidos para a sua edificación, filas de carballos que tributan como solo urbano...en definitiva, unha cadea de despropósitos sobre os cales advirten informes municipais aos cales fai caso omiso o actual goberno.

Subida da auga nun 3,3%

A todo isto, nunha situación pos pandemia moi delicada, na cal se realizan esforzos dende a Xunta que por exemplo os rapaces que van a gardería poidan desfrutar deste servizo totalmente de forma gratuíta en todas as escolas infantís autonómicas, medida que aínda non tivo o seu impacto na Escola infantil municipal creando un agravio comparativo entre os cativos que van a unha e a outra. O recibo do lixo tamén diminuirá un 5,5% grazas ao esforzo de SOGAMA. 

Máis estos esforzos, por poñer so uns cantos exemplos, son inútiles no caso de Melide xa que o que se fai continuamente é grabar aos veciños e veciñas con impostos que antes non se tocaban como é o caso do último pleno onde se subiu a auga un 3,30% por parte do bipartito AM-PSOE. 

Isto fai que cada vez a nosa vila, lamentan os populares, sexa menos atractiva para vivir e invertir.