Leña verde, moito fume e pouca brasa

20.11.2019

Escollemos un tradicional dito galego para presentar este novo artigo sobre as últimas novas que na última quincena poidemos coñecer nos medios de comunicacións sobre as pretensións de Prado e de Pérez no que respecta a ampliación de solo industrial en Melide

Beatriz Sestayo, coñecida dirixente socialista, agora Xerente de SEA (Sociedade do Solo industrial do Atlántico), dependente do goberno central (PSOE), é a encargada, como se dun trasno de Nadal se tratase, de prometer e prometer Polígonos Industriais na comarca. Somos coñecedores da súas promesas en Melide pero tampouco esquecemos a súa reunión en Santiso, onde tamén, obviamente, quixo deixar a ilusión óptica do seu agasaio: outro parque empresarial. 

O pasado 8 de novembro, a dous días das eleccións xerais do 10N, Prado e supoñemos que Pérez forzado polo narcisismo do primeiro, xunto con Xosé Igrexas-parece que as cousas importantes as levan os homes neste goberno, de aí a diferenza de salarios con respecto a súa compañeira e ademais Concelleira de Igualdade-, reuníronse con Beatriz Sestayo para tratar "temas importantes para a prosperidade económica da localidade". 

Calquera dos que hoxe ocupa responsabilidades no pazo municipal debería, ao menos, ser coñecedor das competencias de cada quen e principalmente, das propias: ao César o que é do César. Porén, asistimos abraiados ao anuncio de que a toda poderosa Xerente da SEA, B.Sestayo, será quen promova un polígono industrial no municipio cando o certo é que o municipio non ten hoxe día, provisto nin solo industrial. 

Como sabemos que os nosos consellos son ben acollidos no seno do goberno de Prado e de Pérez tal é como demostran as súas accións, ávidos seguedores das notas apreciacións sobre os temas de actualidade municipal, o que ten que facer o goberno é ponerse a traballar dunha vez e seguir co proxecto que o Partido Popular xa presentou como firme en marzo do ano 2019 e do que levaba traballando dende o ano 2017: seguir co trámite de inicio da modificación puntual para proveer de solo industrial a Melide. Por certo, nunca o agora tenente ben pagado, se preocupou  do que o goberno PP fixera sobre o Polígono Industrial. Un dato curioso canto menos. 

Pódese consultar a hemeroteca onde xa en Marzo o executivo de Dalia García remataba un longo proceso de negociacións e informes sectoriais para chegar a conclusións en firme sobre o que é unha necesidade para Melide e da que xa se tiña un longo e duro camiño andado. 


Un proxecto sobre o que o portavoz socialista e hoxe ben pagado Tenente Alcalde, ante a exposición por parte de goberno xa en 2017 das catro vías que se proponían para a ampliación dicía lindezas que reflexan un nulo coñecemento da realidade normativa a que estamos suxeitos por lexislación europea e nacional: "(...) defiende la viabilidad de la propuesta, toda vez que «A Lei do Solo de Galicia permite, cando sexa preciso para o desenrolo económico dun pobo e comarca, modificar a catalogación solo afectado por Rede Natura 2000». Sería bo que esto último llo comentase a súa colega a Ministra de Transición Ecolóxica co galo da paralización do tramo Palas de Rei-Melide da A-54, dito sexa de paso.

Sería bo que Pérez sacase ese carácter do que fai gala para limitar os disparates do seu socio de goberno e dos seus compañeiros e compañeiros de partido, se puxesen a traballar no verdadeiramente importante e empezasen a madurar, que as follas verdes xa abandonaron a rama. Xa se sabe o que se dí da leña verde....