O silencio nunca traizoa
O gran Confucio dicía que "o silencio é o amigo que endexamáis traizoa". Non sabemos se os novos responsables políticos municipais leron a Confucio ou escoitaron falar deste vello sabio pero todo parece indicar que ou non teñen nada que dicir ou hai silencios que o din todo.
Lamentablemente, o pasado día 12 de xullo, tivemos que asisitir a unha das maiores catastrofes medioambientais da historia do río Furelos, no afluente do rego Piñor. De boa mañá, aínda sen saber as claras consecuencias de semellante atentando, cuxa magnitude tivo por primeira vez como consecuencia a mortandade de preto de 12.000 exemplares mortos de troitas e bogas, seguimos a actualidade informativa co fin de coñecer de primeira man a situación.
Asistimos abraiados ás publicacións do Concello de Melide que realiza o mesmo día 12 de xullo e ao comunicado de prensa do día 16 de xullo ás 10.20 h da mañá (4 días despois do vertido) onde un dos puntos é o que segue "O Concello de Melide tomará todas as medidas necesarias e legais que estén ao seu alcance para solucionar esta situación que leva anos enriba da mesa, sendo obxeto de numerosos anuncios por parte de anteriores gobernos, pero sen ter acatado dende raíz os problemas, como mostra os feitos acontecidos nos últimos días".
Ante a gravidade do asunto e sabedores que o período de gracia está vixente, deixamos pasar uns días para que se adoptaran as medidas oportunas de cese inmediato do vertido, cun tempo prudencial de estudo, coñecedores, unha vez máis pola prensa escrita da situación que se estaba a vivir en Melide e da que segundo trascende, sigue na mesma tesitura. O día 19 solicitamos unha xuntanza urxente da Xunta de Portavoces municipais para ser informados do sucedido e dos pasos que o Concello dera en aras de atallar o problema.

Foto tomada o día 28/07/2019
Pasados 19 días dende o vertido máis grave dos últimos anos, o único con mortandade e afeccións á flora e a fauna do rego Piñor ata o punto de deixar o río sen vida algunha en quilométros, non coñecemos de primeira man cales foron as accións que de maneira "contundente" anunciaba o goberno local o pasado día 12.
Moralexa: a transparencia non se define, practicase.
Seguimos agardando.