O saneamento de O Rañado, na parroquia de Santa María retrasado por culpa do Ministerio de Fomento

23.01.2020

O goberno local do PP deixou adxudicada a obra do saneamento de O Rañado, na parroquia de Santa María tras unha longa colaboración entre administracións: Ministerio de Fomento, Augas de Galicia e os mesmos veciños, peza fundamental e sen a cal sería imposible realizar esta obra, xa que ceden o paso polos terreos da súa propiedade para realizar a entubaxe pertinente . 

Era unha vella demanda ademáis dun servizo necesario e xustificado. Asinamos un convenio coa entidade pública Augas de Galicia co fin de que fose ela quen autorizase a obra, evitando así os atrancos dos permisos sectoriais que son un trámite moito máis complexo para un concello: non hai que esquecer que estamos nunha zona afectada polo Camiño De Santiago así como por demarcación de carreteras do Estado, N-547.

Despois dos trámites lóxicos e normais poidemos presenzar como se adxudicou finalmente o contrato e todo estaba listo para comezar e finalizar a obra no verán. 

A nosa sorpresa é, cando vemos, que semana tras semana, a obra fica parada. Solicitamos información e se nos dí dende Augas de Galicia que se verá obrigada a  investir 116.000 euros máis dos previstos para atender ás demandas do Ministerio de Fomento, departamento estatal, con competencias sobre a N-547 e que aínda que tiña efectuado o informe FAVORABLE cara o  proxecto, unha vez iniciada a obra, cambiou de parecer e ralentizou a execucción da mesma cun novo informe o que incrementa o custo da mesma. 

Dende o PP de Melide queremos agradecer unha vez máis o esforzo inversor que a Xunta de Galicia dende o departamento que dirixe Ethel Vázquez, Conselleira de infraestructuras, está a acometer en Melide cos compromisos adquiridos durante o mandato popular: case 1,5 km de rede nova de saneamento  e servizo axeitado ás vivendas situadas a unha notable diferencia de cota con respecto ás demais. 

Podedes consultar a nova publicada no día de hoxe sobre o tema no xornal El Correo Gallego picando aquí.