O salvavidas constante do bipartito AM - PSOE: o maldito virus
Dende o PP de Melide queremos reivindicar a práctica do deporte de xeito seguro na nosa vila por iso denunciamos a arbitrariedade con que o PSOE e Adiante Melide como consentidor necesario, suspenden cada vez que poden un evento, unha actividade deportiva ou cultural na nosa vila co galo dos contaxios.
É certo que a situación epidemiolóxica non é favorable, pero non o é en Melide e tampouco o é en toda España. Se ben hai unha diferencia abismal coa onda que sufrimos hai un ano, despois do Nadal do ano 20: a vacinación das distintas franxas de idade é moi elevada incluído os pequenos. Os índices de hospitalización non son preocupantes máis non pode deixar de observarse os mesmos. É obvio que hai un virus e hai unhas limitacións, pero estas non poden ser "a excusa para todo".
É por iso que ante a mínima non se pode consentir que un Concello paralice as Escolas Deportivas Municipais e Deportivas e que, en falta da coherencia máis absoluta, deixe celebrar a Liga de Padel ou a Liga de Fútbol Sala, asunto que para que quede claro defendemos, pero gustarianos que ao igual que se poden celebran estos eventos se poidesen celebrar coas medidas necesarias ou a súa intensificación, as demáis actividades deportivas e culturais. Ou, deixe tamén os edificios públicos municipais para o seu uso por parte das asociacións. A incoherencia é a marca característica deste goberno como temos dito xa en diversas ocasións.
O que non é xusto para os melidenses e que se suspendan as Escolas Deportivas e Culturais sen un decreto ou orde, xa poñamos recomendación das instancias superiores que rexen esta crise sanitaria: ben Xunta de Galicia ben Ministerio de Sanidade. Pola contra aquí o Alcalde e o o seu socio necesario, o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, deciden pola súa conta e risco segundo lles peta.
Xa o fixeron co mercado.
Agora tócalle ao maltratado deporte melidense: nin ximnasio, nin piscina e agora nin Escolas Deportivas nin Culturais.
Dende o PP de Melide defendemos a práctica do deporte segura: baixo pasaporte de vacinación, distancia social, ventilación axeitada dos espazos onde se realiza a actividade e desinfección.
Será que o bipartito de Pérez e de Prado está máis cómodo obrigando a xente a outras vilas a para prácticar deporte? Así, é evidente, menos traballo, menos críticas, 0 problemas.
Un síntoma máis de que co bipartito Melide e os melidenses PERDEN.