O ridiculo do alcalde e do seu tenente alcalde no pleno ordinario municipal
No anterior pleno ordinario municipal celebrado o pasado 2 de decembro aprobaronse asuntos de trámite ordinario no que a posición do PP foi A FAVOR.
Podes consultar aquí a orde do día, trátabase de bonificacións a impostos municipais que foron aprobados en diferentes lexislaturas do Partido Popular.
O PSOE presentaba unha moción que tiña que ver coa Atención Primaria. Cando se dispón a votar a urxencia da sesión o grupo de goberno (AM e PSOE) non contan co apoio maioritario, é dicir, 7 concelleiros e concelleiras xa que se ausentou unha das concelleiras do goberno.
Pois ben, lonxe de telo falado e terse asesorado antes do pleno, síntoma de que non se comunican as partes e non se confía no criterio dos técnicos municipais, se pretende non so debater a moción senon que presentar outra de viva voz, cando nin sequera se ten coñecemento por parte das titulares de Secretaría e de Intervención.
Señores do goberno, non é o primeiro pleno ao que vostedes veñen. Non fagan perder o tempo aos melidenses, xa que o que escenificaron foi unha auténtica pantomima.