O programa de Xantar na Casa financiado en case o 50% pola Xunta de Galicia

22.03.2023

O programa Xantar na Casa está en vigor no Concello de Melide dende o ano 2009. 

Na actualidade atende a 11 usuarios. 

A Xunta inviste un máximo de 22.400 € ao ano neste programa. 

O prezo de cada menú diario é de 6.60 euros, dos que a Xunta achega 3.08 euros, case o 50% do custo.