O PP volta a ser a forza máis votada en Melide nas eleccións do 10N
O Partido Popular voltou a ser unha vez máis a forza política máis votada en todas as mesas electorais de Melide cun total de 1595 votos válidos emitidos. O voto ao Partido Popular aumenta o seu apoio en aproximadamente 3 puntos con respecto ao mes de abril.

A diferencia coa segunda forza, o PSOE, é de 606 votos e supón un diferencial dun 15,68%. Os socialistas experimentan unha lixeira baixada en todas as mesas electorais melidenses; pola contra o BNG recupera músculo en todas elas a costa do apoio electoral de Unidas Podemos. Vox incrementa o seu apoio en 77 votos con respecto as eleccións do 28A. Non hai que esquecer tampouco o descalabro xeneralizado da formación laranxa.
No que respecta ao Senado, o Partido Popular de Melide obtén o 46,10% dos votos, fronte a un 26,77% do PSOE, un 13,03% para o BNG ou un 6,81% para Unidas Podemos.
Uns comicios marcados pola desafección política, polo fartazgo cuidadá que se reflectiu nunha maior abstención, onde en Melide, con respecto ao 28A, case 700 persoas menos acudiron ás urnas.
Unha repetición electoral que nin era necesaria nin tocaba despois dos comicios do pasado 28 de Abril, argumento que expuxemos en campaña, e que o tempo finalmente nos deu a razón: no día de onte coñecíamos o pacto de lexislatura que investirá de novo a Pedro Sánchez como Presidente do goberno e a Pablo Iglesias como Vicepresidente. Nin 48h despois de coñecer os resultados electorais o que non foi posible en 6 meses fíxose realidade en poucas horas.
Porén, os españois, os galegos e polo tanto os melidenses, estaremos condenados a un goberno SFrankestein xa que a Sánchez as contas non lle dan co apoio único de Unidas Podemos.
Unha repetición electoral que costou ao peto de todos os españois máis de 132 millóns de euros para conseguir o mesmo resultado.
Unha repetición electoral que supuxo o aumento da polarización política alimentando os extremos: CUP ou Bildu aumentan o seu apoio electoral.
Unha repetición electoral que lonxe de fortalecer ao PSOE perde 1 millón de votos, 3 Deputados e 30 Senadores.
Srs. do PSOE, para esta viaxe, non facían falla tantas alforxas.
Dende o PP de Melide queremos agradecer, unha vez máis, que Melide se tinguise de azul o pasado domingo 10N.
GRAZAS!