O PP terá que agardar outro mes para acceder a expedientes municipais

12.03.2022

Como xa dixemos en anteriores post o PP solicitou por escrito o aprazamento para acceder a expedientes municipais o pasado 06-03-2022 data onde tamén puxo de manifesto a imposibilidade de que dous membros do grupo popular poideran asistir ao Pleno extraordinario que se celebraría nesta semana que xa remata. 

A este respeto o rexedor municipal, J.M. Pérez púxose en contacto telefónico coa portavoz do PP de Melide, Dalia García, a quen lle comunicou que non habería problema en fixar unha nova data de acceso aos expedientes municipais. 

O pasado venres notificouselle a mesma que esa data será o 8 de abril de 2022, tres semanas máis terá que agardar o PP para acceder a dita documentación. 

Agradecer que non se obrigue a facer un novo trámite de solicitude pero tamén instar a que se se tende a man se facilite o exercicio de oposición e fiscalización xa que a corentena por COVID son 10 días aproximadamente, en casos extraordinarios 15 polo que estariamos falando dunha semana máis á programada incialmente no expediente. Dende o PP lamentan que teñan que pospoñer ao 8 de abril o estudo de expedientes de importancia municipal como é o caso do derribo das casas do Camiño Vello de Santiago.