O PP rexistra unha iniciativa ante o Concello de Melide para que se organice un dispositivo de axuda á Ucrania

07.03.2022
  • O PP de Melide vén de rexistrar unha solicitude ao bipartito AM-PSOE co galo de que articule medidas de axuda ao pobo Ucraíno azoutado pola invasión rusa dende o pasado 24 de febreiro.
  • "Ademáis dunha declaración institucional de condena a esta invasión vil e horrorosa sobre dun país soberano por parte do Concello de Melide, sinala Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, o Concello de Melide ten o deber de articular canles por medio da FEGAMP ou de asociacións internacionais acreditadas para artellar un dispositivo de axuda á Ucrania" din os populares.

Melide, 7 de febreiro de 2022.- O PP de Melide vén de rexistrar unha iniciativa perante o Concello de Melide co galo de que o ente local faga unha declaración institucional que condene a invasión rusa ao pobo soberano de Ucrania que supón a maior crise humanitaria europea dende a II Guerra Mundial. 

Ademais o PP dí que o Concello de Melide ten que poñer a disposición das institucións debidas como por exemplo a FEGAMP os instrumentos necesarios para organizar un operativo de axuda. A portavoz municipal, Dalia García insta ao goberno bipartito municipal a que coordinen as ondas de solidaridade que os melidenses están dispostos a dar xa que son moitas as chamadas de asociacións e veciñanza en xeral que pregunta onde pode contribuír, coas garantias necesarias, para axudar ao pobo Ucraniano. 

Tanto é así que dende o PP consideran que é o Concello de Melide o idóneo para artellar este dispositivo porque ten os medios e outorga seguranza á hora de facer as doazóns, sinalan dende o PP. 

Así as cousas dende a formación popular propoñen varias actuacións como as seguintes: 

1. Recollida de útiles básicos (medicamentos, avituallamento para nenos/as, produtos de primeira necesidades) e traslado á Ucrania ou países limítrofes a través de organizacións internacionais ou embaixadas.

2. Posta a disposición dos centro sociais rurais para o acollemento de familias Ucranianas así como a coordinación de posibles acollementos familiares a través dunha listaxe coordinada polos servizos sociais con todas as garantías. 

3. Apertura dunha Conta Bancaria para canalizar as contribucións económicas para posteriormente ser transferidas a entidades e organizacións comunitarias especializadas que xa traballan no conflicto. 

Dende o PP de Melide saben que Melide é unha entidade local e non posúe competencias en materia de política internacional ou exterior pero isto non obsta para organizar un dispositivo de axuda cara un pobo que está sendo masacrado no que a comunidade internacional e ata os entes locais máis pequenos non deben quedar impasibles.