O PP denuncia ante a Comisión de Transparencia a ocultación do informe xurídico de Secretaría sobre a compra do aparcadoiro da Av. da Habana

03.02.2023

O PP accedeu ao expediente o día 24 de xaneiro, dous meses despois de terse celebrado o pleno no que o bipartito AM-PSOE aprobaron o crédito de 932.000 euros para a compra do solar. 

Ata en tres ocasións o PP solicitou por escrito acceder ao expediente: unha o mesmo día da comisión informativa extraordinaria, o 15 de novembro, outra despois do pleno onde se aprobou o crédito e outra nun rogo oral no pleno ordinario do mes de decembro. A resposta do bipartito foi a calada ata que dous meses despois o PP puido acceder ao expediente mencionado onde efectivamente, constaba un informe de secretaría desfavorable. 


A portavoz popular, Dalia García, maila concelleira M. Jesús López Mourón presentando a denuncia na Comisión de Transparencia.
A portavoz popular, Dalia García, maila concelleira M. Jesús López Mourón presentando a denuncia na Comisión de Transparencia.

O artigo 46.1.b) da Lei de Bases de réxime local, 7/1985 establece o seguinte: 

Las sesiones plenarias han de convocarse, al menos, con dos días hábiles de antelación, salvo las extraordinarias que lo hayan sido con carácter urgente, cuya convocatoria con este carácter deberá ser ratificada por el Pleno. La documentación íntegra de los asuntos incluidos en el orden del día, que deba servir de base al debate y, en su caso, votación, deberá figurar a disposición de los Concejales o Diputados, desde el mismo día de la convocatoria, en la Secretaría de la Corporación. 

Pois ben, analizado o caso o PP decide reivindicar os seus dereitos ante o alto comisionado do Parlamento Galego co fin de que estas prácticas, sen precedentes na historia democrática do Concello de Melide non se poidan repetir. 

"Se Pérez quere comprar un aparcadoiro que non conta cos informes favorables dos habilitados nacionais do Concello é o seu problema mailo do seu socio necesario; pero non imos permitir que a oposición, que representa a 2.240 veciños sexa enganada e poida ter responsabilidades nas falcatruadas do alcalde por ocultar información trascendental que pode incluso, condicionar o noso voto", sinala a portavoz popular, Dalia García.