O PP denuncia a subida dun 43% do gasto en persoal no Concello de Melide coa aprobación dunha RPT inxusta, desiquilibrada e ilegal
O PP de Melide votou onte en contra de aprobar unha Relación de Postos de Traballo que lonxe de resolver os problemas e propoñer unha organización municipal acorde aos tempos da Administración Dixital parece máis un elemento oscuro e inxusto que ademáis incumpre todos os preceptos legais.
Os informes de Secretaría e Intervención son demoledores, sinalou a portavoz do PP a nivel local, Dalia García, que avanza que o PP estudará a posible nulidade da proposta toda vez que vulnera a lexislación estatal e autonómica en varias cuestións:

- Aumenta sobre maneira o gasto en persoal do Concello de Melide: un 43% do orzamento municipal (7.000.000 €) irá a parar a gasto do persoal cando a Lei de Orzamentos Xerais do Estado establece que so se poderá aumentar un 0,9 as retribucións do persoal con respecto ás establecidas no ano 2020.
- Creánse prazas sen criterios nin xustificacións de necesidade estructural: desde o punto de vista dos populares obedecen máis a unha intención "enchusfista" de AM-PSOE como é o caso sangrante do Xefe de Gabinete. Tres veces no que vai de lexislatura se lle modifica a RPT a "cuarta dedicación exclusiva encuberta do Concello e número 10 de AM", Adrián Igrexas, desta vez para denominalo "funcionario eventual". Como se chama a isto? Ten un nome.
Cambian a que si?

- Os complementos específicos tanto en persoal laboral como funcionario non teñen unha base obxectiva. Obedecen aos criterios de Pérez, Prado e Igrexas. Dende persoal que non se lle asigna o complemento de maquinaria a pesar de estar en contacto coa mesma como primeira función do seu posto de traballo ata a calificación de quen traballa ou non os fin de semana, a pesar de ser un feito comprobable.
- Importantes eivas a nivel de responsabildade en prevención de riscos, protección de datos que son fundamentais nas novas relacións de postos de traballo.
- Prazas ás que se lle asignan soldos propios dos corpos superiores, tanto funcionariais como laborais con titulacións que non son acordes.
- Clasificación errada ou non? de corpos xerais como especiais e viceversa. Pensamos que para crear un subterfuxio á hora de "funcionarizar" ou adaptar o curriculum á praza.
- CONCURSO como sistema xeral de acceso ao emprego público cando a Lei de Emprego Público de Galicia e o TREBEP a nivel estatal establecen como prioritario a oposición, no seu defecto o concurso oposición e soamentes previsto pola lei e en casos EXCEPCIONAIS o concurso.
Poderiamos seguir enumerando ficha por ficha e chegaríamos a mesma conclusión: esta RPT é a mostra da espada de damocles coa que goberna Pérez. É unha oportunidade perdida para o Concello de Melide. Supoñerá que lonxe de arranxar os problemas profundiza nos mesmos.
Non se aumentan servizos públicos.
Non se aumenta á productividade.
Quenes pagan?
Sempre os mesmos.
Os melidenses cos seus impostos que seguirán financiando as hipotecas que Pérez lle deixará a Melide.
O PP xa está estudando á nulidade do documento e actuará en consecuencia vistos os informes dos técnicos municipais.
Non imos ser cómplices deste agravio a Melide.