O PP de Melide vota en contra do aumento de gasto político polo goberno bipartito coa contratación do xefe de gabinete

07.01.2020

Por terceira vez en 6 meses, os populares foron chamados a un pleno extraordinario e urxente, ás 9.00 h da mañá para votar o que será a aprobación definitiva da contratación do Xefe de Gabinete do goberno do PSOE-AM. Un pleno que non foi publicitado en ningunha das plataformas que posúe o Concello de Melide para relacionarse coa cidadanía. 


"35.500 € máis lles custará a todos os melidenses esta cuarta dedicación exclusiva encuberta que recibiu 3 reclamacións por parte de traballadores municipais ao non cumprir o bipartito melidense, quizás xa temos que empezar a falar de tripartito, coas promesas feitas aos traballadores municipais antes das eleccións locais" apunta a portavoz popular, Dalia García.

Un pleno máis, sen comisión informativa, sen xunta de portavoces, o terceiro nestes pouco máis de 6 meses de lexislatura para aprobar ás présas e correndo o que será a cuarta dedicación exclusiva deste goberno, un xefe de gabinete, que custará 35.500 € ao peto de todos os melidenses. 

Un "Xefe de gabinete sen gabinete" a quen lle asignan un soldo de 2.250 €/mensuais para facer traballos de xornalismo, segundo a proposta de alcaldía, e que hoxe en día están están sendo desenrolados con recursos propios do Concello cun resultado satisfactorio. 


Ao xuízo do grupo popular, o votado hoxe en pleno por Prado e por Pérez, é rachar coas promesas feitas aos traballadores municipais antes das eleccións do pasado maio onde prometeron unha subida de soldos así como unha nova RPT. En palabras de García se ben é certo que no orzamento de 2020 vai consignada a cantidade para a mellora laboral é a mesma cantidade, nin un céntimo arriba nin un céntimo abaixo que consignou o PP; o concelleiro de facenda e portavoz de AM no pleno dos orzamentos dixo, no mesmo pleno que se aprobaba o orzamento, que xa coñecía a empresa que ia a realizar a RPT, moi próxima ideolóxicamente ao BNG, cuestión que chamou a atención dos populares, é dicir, que o goberno coñecese a empresa que realizará a RPT no mesmo acto no que se aprobaba o orzamento para realizar o trámite! canto menos sospeitoso!

Un pleno ás presas e correndo, cunha clara finalidade: ter en nómina municipal ao candidato número 10 de Adiante Melide, que será o novo Xefe de Gabinete o máis pronto posible, unha cuarta dedicación exclusiva encuberta nun goberno que discrimina salarialmente ás mulleres, sendo a Concelleira de Igualdade e Política Social a que menos cobra. Imos repasar algo a historia recente dalgúns membros do goberno actual de Melide nas seguintes fotografías 2015 e 2019 respectivamente:


O grupo PP votou en contra da proposta municipal como xa viña reiterando en plenos anteriores, por coherencia, por non compartir o xeito no que en 6 meses se modifica unha RPT e se incrementa considerablemente a partida para un XEFE de GABINETE que non posúe gabinete ningún, pero sen embargo, aléganse dificultades na xestión diaria para cumprir coas prioridades do novo goberno. 

Dende o PP de Melide recordan ao goberno municipal que gobernar é estar ao servizo de Melide non dos intereses particulares e partidistas como parece estar o actual goberno bipartito melidense.