O PP de Melide volve reclamar o amparo da Valedora do Pobo ante a politización dos medios de comunicación municipais
- "Queremos recuperar a calidade democrática de Melide e non hai democracia se non hai oposición; o bipartito de AM-PSOE quere silenciar a todo aquel que lle faga críticas construtivas, que lle fiscalice, por iso utilizan reiteradamente a Radio Pública Municipal ao servizo do Alcalde e do Tenente Alcalde mellor pagado de Galicia" sinala a portavoz municipal, Dalia García.
- A Valedora do Pobo ven de notificarnos a admisión á trámite do segundo recurso interposto nesta lexislatura pola utilización dos medios públicos municipais: a alta comisionada do Parlamento Galego xa ditaminara que os medios públicos deben utilizarse para informar e non para facer política, ditame que o goberno de Pérez desoe continuamente.

Melide, 27 de marzo de 2023.-. O PP de Melide reclama a protección xurídica duns medios públicos e democráticos de todos e para todos e non so ao servizo duns poucos ao fío da última "falcatruada" do bipartito AM-PSOE que utilizou a Radio Municipal e o Whatsapp do Concello para facer balance dun pleno esperpéntico onde non se aproba o asunto da orde do día porque o Alcalde non sabe organizar ao seu goberno.
"Traen a pleno un asunto co que non teñen maioría, nada máis e nada menos que dotar de solo industrial ao municipio, e logo, como son incapaces de negociar, consensuar e recapacitar utilizan o Whatsapp municipal así como a Radio de todos os melidenses para facer política" sinalan os populares quenes reiteran que en toda a lexislatura so puideron comentar asuntos de entidade municipal dúas veces, cando antes, había unha quenda rotatoria onde as forzas políticas comentaban asuntos municipais.
"É lamentable que se intente silenciar a aqueles que representamos a moitos veciños e veciñas de Melide, sinala Dalia García; se os melidenses me confían o goberno da vila o vindeiro 28 de Maio recuperarei a concordia, o respeto institucional e comprometemonos a regular os tempos na emisora de Radio Local como medio público que é" conclúe a portavoz e candidata á alcaldía, Dalia García.