O PP de Melide vén de constatar que o Río Furelos volverá á cualificación de “insuficiente” no ano 2022 sen que o bipartito AM-PSOE mova un so papel

25.03.2022
  • Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, en declaracións "cando un accede a responsabilidades de goberno ten que ter moi claro a coherencia do seu discurso, coherencia que AM e o seu socio necesario PSOE deixaron esquecida dende o minuto un que comenzaron a cobrar un soldo público; a piques de cumprirse tres anos de lexislatura, cun proxecto enriba da mesa xestionado integramente polo PP demostran que a oposición que exerceron no seu día era puro fume"
  • Os populares melidenses demostran así que todas as críticas que recibiron no seu día a pesar de ser o seu o equipo quen puxo as medidas a funcionar para sanear o Río Furelos, eran simplemente iso, "puramente electoralistas", sentencia Dalia García.

Melide, 24 de marzo de 2022.- A cualificación da zona de baño melidense será neste 2022 insuficiente, toda vez que o PP vén de consultar a "Clasificación sanitaria anual das zonas de baño que será a vixente para a temporada 2022" que se atopa colgada na rede.

"Todas as críticas que recibimos, a pesares de que o bipartito ten enriba da mesa a solución, un proxecto feito por Augas de Galicia que leva impreso o selo do traballo do equipo municipal popular 2015-2019, estoupanlle agora na mesa de alcaldía a un alcalde que utilizou como lema "salvemos ao Furelos" coma se o PP fose o culpable e agora él é incapaz, coa solución na man, de simplemente facer o que ten que facer, que é xestionar os expedientes municipais, algo para que o tres anos despois está claramente incapacitado" sinala García.

O PP de Melide é consecuente coas súas declaración e advírtelle ao bipartito municipal AM-PSOE que isto, a piques de cumprir tres anos de mandato, supón un fracaso estrepitoso da política que práctica J.M. Pérez, "lanzar continuas cortinas de fume" e culpabilizar aos demais cando é o seu equipo e o do seu socio o que ten, por unha banda os cartos, con 4,5 millóns de euros de aforro municipal herdado do PP así como o proxecto, algo do que o PP non dispoñía e aínda así propuxo e buscou solucións, cuestións que se poden comprobar.