O PP de Melide tilda de “tibia” a resposta do bipartito AM-PSOE sobre a eliminación das paradas de transporte público en Melide
- Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, sinala que o bipartito encabezado por J.M Pérez goberna grazas ao partido que actualmente ten responsabilidades de goberno a nivel estatal, o PSOE, que é quen abandeira o novo "mapa concesional do transporte público en España" no que se inclúe a eliminación das paradas intermedias nas que se ve afectado Melide.
- O PP de Melide destaca que "unha carta á Ministra do alcalde melidense é unha medida insuficiente para presionar ao executivo central sobre os seus plans de desbalijar ao interior da provincia de servizos con todas as consecuencias que iso supón para a veciñanza melidense" sendo imperativo convocar unha xunta de portavoces na que se traballe na liña de aprobar unha posición conxunta de todos os grupos neste sentido.
Melide, 18 de abril de 2022.- Dende o PP de Melide considerase insuficiente a resposta que o executivo local encabezado por J. M. Pérez tivo respecto ao borrador de modificación das paradas de transporte público do executivo central na que Melide queda sen parada ao igual que outros concellos do interior. Dende o PP de Melide consideran que a resposta que tivo o bipartito AM-PSOE é unha resposta dun "perfil baixo" ao ter o goberno melidense parte de co-responsabilidade xa que AM accede ao goberno cos votos do PSOE, o partido que intenta deixar sen servizo público ao interior coruñés na ruta Santiago - Lugo.
A xuízo dos populares consideran que unha carta á Ministra é de todo insuficiente, de feito, deberíase ter convocado unha Xunta de Portavoces que o PP solicitará para analizar este tema e fixar unha posición conxunta ao respecto dos tres grupos políticos presentes na corporación. "Sinalar ou equiparar á Xunta sobre dun servizo que se está prestando e que en todo caso deben ser os usuarios quenes interpoñan as queixas pola hipotética falta de liñas de servizo para xustificar o desleixo aos municipios de pequena dimensión do goberno central é unha política falta de altura de miras que é de feito, o que reiteradamente demostra o bipartito encabezado por J. M. Pérez" declara a portavoz dos populares melidenses, Dalia García ao fío das declaracións do alcalde melidense. "Esperar que se faga política de consenso por parte deste goberno bipartito é un imposible o que nos prexudica a todos" reitera a portavoz da oposición.
