O PP de Melide solicitará que o bipartito AM-PSOE cumpra coa lexislación vixente na Radio Melide tal e como lle recomenda a Valedora do Pobo propoñendo a regulamentación dos medios de comunicación local

09.05.2022
  • O PP de Melide elevou á Valedora unha queixa o pasado decembro despois de que bipartito AM-PSOE fixera un uso indiscriminado e partidista da emisora pública local, Radio Melide ademais das canles de comunicación social do Concello de Melide.
  • O PP vén de recibir a contestación da Valedora que inclúe o informe enviado polo Concello de Melide que a xuízo da portavoz do PP de Melide, Dalia García, "o bipartito melidense xa non ten límites: transforma a realidade ao seu antollo incluso para contestarlle á Valedora do Pobo".

Melide, 9 de maio de 2022.- O PP rexistrou o pasado decembro unha queixa ante a Valedora do Pobo debido aos ataques políticos que ten recibido dende a páxina de todos/as ademais das RRSS do Concello de Melide por parte do bipartito AM-PSOE. A Valedora admitiu a trámite a queixa iniciando a pertinente investigación que ven de ser trasladada ao PP o pasado venres.

O PP cualifica a resposta do bipartito á alta comisionada autonómica de "auténtico relato novelesco de ficción por parte de AM e do PSOE" ao xustificar a inexistencia do programa de Radio Melide que se viña celebrando tradicionalmente entre os grupos políticos con representación municipal no pleno dende hai máis de quince anos baixo o mandato de Am-PSOE con argumentos como o seguinte "(..) senón que se suprimiu integramente a programación de tarde da radio por razón da baixa laboral da locutora que a cubría, en unión a súa posterior e inmediata situación de conciliación de vida laboral e familiar que obrigou a que pasase a prestar os seus servizos en horario de mañá. (...) ademáis se pon de manifesto que non é o Concello de Melide o que establece a programación da radio, senón que son as locutoras as que, con plena autonomía, sen seguir directriz ningunha do Concello, acordan a programación e os seus contidos, quedando garantido a independencia do medio de comunicación".

Dalia García denuncia que "baixo o goberno municipal bipartito abadeirado por J.M. Pérez as liberdades democráticas de Melide quedaron claramente mermadas; no mesmo escrito de contestación á queixa da Valedora o que se fai é montar un relato no que se utiliza aos traballadores do Concello como excusa pola súa falta de transparencia; o que é un feito constatado e que hai hemeroteca e arquivos sonoros que demostran que os membros do goberno bipartito AM-PSOE acoden á Radio Melide facendo comentarios sobre os que a oposición, nese mesmo espazo, non se pode defender, non son entrevistas ou monólogos de carácter institucional e, dubidamos moito, que iso ocorra, como di o alcalde "porque así o organizan as locutoras" que por outra banda, son traballadoras libres e sempre o foron baixo o mandato do PP: proba é as entrevistas que tanto o concelleiro Xosé Igrexas no seu día así como J.A. Prado facían libremente cando gobernaba o PP.

As recomendacións da Valedora ao goberno municipal son claras: o Concello debe adoptar un regulamento de utilización da Radio Municipal e das RRSS xa que non poden ser estas "un instrumento partidista que pode vulnerar os dereitos de participación política dos membros da corporación como así o está facendo"