O PP de Melide solicitará os informes de intervención desfavorables de que advirten de graves deficiencias na xestión municipal

21.02.2022
  • O PP tal como avanzou nos últimos días vén de estudiar a documentación derivada dos decretos de alcaldía dos últimos 2 meses (decembro e xaneiro de 2021) que reflicten irregularidades continuas por parte do bipartito AM-PSOE.
  • A falta da confirmación oficial mediante a contestación ás preguntas plenarias formuladas polo grupo municipal o pasado 2 de febreiro, o PP avanza que tan so en 2 meses se pagaron facturas por importe de máis de 15.000 € a outros asesores xurídicos e asesores en comunicación ademais dos 53.240 € anuais dos que consta, en contrato municipal, a nómina do asesor xurídico municipal "oficial" sen contar o custo do xefe de gabinete do bipartito AM-PSOE orientado segundo o aprobado en pleno para implementar campañas publicitarias e de comunicación do Concello que agora se externalizan.

Melide, 17 de febreiro de 2022.- As facturas pagadas ao fin do exercicio 2021 por parte do bipartito AM-PSOE levan ao PP de Melide a solicitar por escrito os informes de intervención desfavorables en canto a asuntos de fiscalización municipal.

Dalia García, portavoz dos populares melidenses sinala "Agardamos que se nos facilite o máis pronto posible a información por parte do bipartito AM-PSOE; hai facturas por máis de 10.769 € en asesoramento xurídico a a lo menos 3 persoas distintas, un servizo que co Concello xa conta ao telo xa contratado e que custa 53.240 € aos melidenses, a que responde este cambio de criterio que contravén claramente o estipulado nos pregos de contratación?. Existen por outra banda, campañas de promoción do comercio e da hostaleira de Melide por un montante de 4.330,80 € en tan so dous meses das que non sabemos cal é o retorno real xa que o bipartito negouse sistemáticamente a aprobar unha liña de axudas aos autónomos e empresas melidenses na pandemia, pero iso non é o máis grave, temos un Xefe de Gabinete que lle custa aos melidenses 2.200 € / mes que dentro das súas funcións ten as de "elaborar campañas" para as que se están contratando a empresas reiteradamente" sinala a portavoz popular.

Dende a formación popular avanzan que solicitarán os informes de intervención desfavorables nos que se atopan irregularidades como por exemplo o pago de pluses en nóminas a uns traballadores e outros non sen xustificación aparente no expediente, se informan desfavorablemente a certificación de obras que se aproban posteriormente pola XGL por sistema así como chegan a adquirirse libros a persoas coas que concelleiros/as do bipartito municipal teñen unha clara afinidade.