O PP de Melide solicitará explicacións sobre o proceso de selección do Obradoiro de emprego “MELIDE-ARZÚA- TOQUES-SANTISO: NATUREZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO”

25.09.2022
  • O PP de Melide recibiu nestes últimos días queixas de veciños e veciñas que optaron a unha praza no obradoiro segundo as bases publicadas polo Concello de Melide.
  • O PP sospeita que "poidan existir corruptelas" toda vez que analizadas as listas de admisión do equipo directivo colgadas polo Concello de Melide so existen nalgunhas prazas tres ou dúas persoas que optaron ás mesmas.
  • "A falta de transparencia do bipartito Pérez-Prado é a súa marca característica, confunden o público co privado" sentencia a portavoz popular, Dalia García.

Melide, 27 de setembro de 2022.- O PP de Melide estudiará o procedemento de selección do Obradoiro Dual que o Concello de Melide comparte con outros concellos da contorna ante as queixas recibidas por varios veciños e veciñas que tendo atendido ás bases non aparecen sequera na lista de admitidos. "É escandaloso que este tipo de corruptelas poidan producirse toda vez que os obradoiros son ferramentas que nacen co obxectivo de formar e priorizar aquelas persoas que poidan ter unha maior duración como desempregados ou conseguir formar máis e mellores profesionais; que existan certas prazas do equipo directivo deste obradoiro ás que so atenderon dúas ou tres persoas, e canto menos sospeitoso".

O PP de Melide adianta que unha vez lle conste a documentación do procedemento que se poida extraer das XGL que ten pendente de recibir a formación así como a resposta ás preguntas que presentará na vindeira sesión plenaria, seguirá destapando todo aquelo que poida ser "sospeitoso de non cumprir coa legalidade".