O PP de Melide solicita transparencia na xestión da XXX edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional ao detectar promocións da festa que non chegaron a todos os establecementos hostaleiros melidenses
- O PP de Melide amosase preocupado pola organización da XXX edición da Festa do Melindre da Repostaría Tradicional do Concello de Melide xa que logo dunha publicación nas RRSS do perfil "Festa do Melindre" sobre a promoción que "supostamente" se realizou con establecementos hostaleiros o PP recibiu varias informacións sobre anfitrións que non recibiran ningunha información sobre dita promoción.
- "O goberno bipartito AM-PSOE externaliza todo en empresas privadas a pesar de ter un xefe de gabinete no que xustificaron a súa contratación na construcción de campañas municipais deste tipo o que supón unha falta de control na xestión da festa que ten estas consecuencias: establecementos hostaleiros melidenses non recibiron ningunha chamada do Concello, polo tanto non puideron distribuir produto, o que nos fai preguntar, como se escolleron os establecementos? Porque non se informou aos mesmos? sinala Dalia García, a portavoz dos populares melidenses"
Melide, 20 de abril de 2022.- O PP de Melide vén de detectar unha publicación nas RRSS da Festa do Melindre sobre a distribución de produto (melindres, ricos e amendoados) durante os días de vacacións de Semana Santa entre dos establecementos hostaleiros melidenses. O PP amosa a súa preocupación porque foron moitos os que se achegaron a preguntar como era o sistema para acceder a esa promoción xa que non tiñan ningunha información ao respecto por parte do goberno bipartito AM-PSOE , e, polo tanto, non foron beneficiados nin puideron promocionar algo tan tradicional e primixenio de Melide como son os seus doces.
O PP pola súa banda demanda que a xestión da Festa do Melindre sexa o máis transparente posible porque polo momento non o está a ser como a maioría dos temas neste goberno: a que establecementos hostaleiros se distribuíu? Canto tiveron que aportar ou foi unha promoción gratuíta? Cal foi o mecanismo de selección?
Dende a formación popular lamentan que o escurantismo do bipartito de J. M. Pérez tamén dane a organización do Melindre deixando a boa parte da oferta hostaleira da vila fóra das promocións que necesariamente lle corresponde facer ao Concello.