O PP de Melide solicita reforzos de Seguridade Cidadá nas intermediacións do CEIP A Martagona durante os fins de semana

16.12.2022
  • Ante o pasotismo do goberno bipartito local de Pérez e de Prado o PP de Melide reuniuse cunha representación de país e nais do CEIP número 2, A Martagona, para analizar e escoitar cales son as necesidades desta organización de país e nais.
  • Entre elas, trasladaron a necesidade de reforzar a seguridade durante as fins de semana xa que non son poucas as ocasións que os muros de perímetro do CEIP se saltan e aparecen refugallos dentro do patio de xogos da cativada.

Melide, 16 de decembro de 2022.- O PP de Melide solicita á Delegación do Goberno o reforzo de seguridade nos perímetros do CEIP nº 2 onde a asociación de país e nais deste colexio trasladaron ao PP unha das súas inquietudes: a necesidade de reforzar o perímetro do CEIP debido a que durante os fins de semana se saltan os muros e o patio dos rapaces e rapazas aparece cheo de refugallos.

Para a portavoz popular, Dalia García, quen agradece a boa disposición dos país para acudir á reunión "esta é unha falta clara de atención das competencias municipais por parte do bipartito AM-PSOE" que cando estaba na oposición reclamaba máis seguridade e policía local e agora que o PP deixou ás 3 prazas de policía local orzamentadas resulta que nin hai policía local polas tardes do fin de semana e nin sequera se reforzan os puntos problemáticos" sinala a portavoz municipal.

Entre outras cuestións, García informou á ANPA A Martagona que o alcalde J.M. Pérez non solicitou unha subvención que a Consellería de Educación puxo a dispor dos Concellos para realizar infraestructuras educativas nos CEIPS o pasado agosto e logo, lamentablemente, solicitalle á Xunta que ser ela quen o faga. Dende as filas populares recordan que a Xunta investiu no CEIP A Martagona case 50.000 euros co recambio das carpinterías metálicas ademáis do cambio da cuberta no anterior mandato.

Lamentablemente estamos a sufrir un goberno incapaz ata para solicitar investimentos para Melide, que ten como consecuencia que non se atendan as prioridades, neste caso educativas.