O PP de Melide solicita e reitera a necesidade de convocar a Xunta Local de Seguridade para pedir máis vixiancia ante as últimas informacións de público coñecemento acontecidas en Melide

29.07.2022
  • O PP de Melide vén de rexistrar e reiterar a necesidade de convocar á Xunta Local de Seguridade para que se analicen os últimos acontecementos relativos á inseguridade cidadá que trascenderon en Melide: presuntos intentos de rapto así como intentos frustrados de roubos mediante tiróns.
  • Visto que o bipartito Pérez-Prado permanece impasible ante estas noticias aos que o PP ten acceso mediante os propios implicados, insta ao goberno local a intensificar a vixilancia no casco urbano e no rural melidense ante o aumento de poboación que Melide sofre nos meses estivais.

Melide, 28 de xullo 2022.- O Pp de Melide solicita unha vez máis de maneira formal a celebración dunha Xunta Local de Seguridade no que se intensifique a vixilancia das forzas e corpos de seguridade do Estado mediante a súa petición á delegación do goberno.

Dalia García, portavoz dos populares melidenses sinala "é cando o PP o denuncia cando o goberno bipartito local reclama que se tomen as medidas oportunas; non podemos seguir sufrindo un desgoberno destas características onde son moitos os veciños e veciñas de Melide que nos piden explicacións a nós ante a caldada do goberno bipartito local".

O PP agradece o traballo que mediante o acordo que leva vixente dende hai anos en Galicia co Estado relativo á seguridade no Camiño pero reitera que este operativo é independente da seguridade cidadá que debe preservarse ao longo do tempo de maneira estable na nosa vila e comarca. García apunta que "chegan novas de tiróns en pleno centro a pesares de que xa se detivo a un presunto sospeitoso; veciños e veciñas informan de que hai puntos sensibles de inseguridade en pleno casco urbano motivo polo cal é necesario actuar para cortar de raíz estas prácticas e darlle seguridade á comercios, hostaleiros e simples camiñantes". Os populares pedirán explicacións e feitos no vindeiro pleno ordinario.