O PP de Melide solicita a nulidade da modificación extraordinaria por ocultación de información do bipartito de Pérez-Prado

09.12.2022
  • O PP de Melide solicitará a nulidade do acordo plenario que o executivo local tomou o pasado 22 de novembro para mercar directamente un terreo con cargo ao aforro municipal de case 1 millón de euros.
  • A nulidade baseaa o Grupo Municipal na "falta dun informe preceptivo e prioritario de índole xurídico que o PP vén de reclamar en tres ocasións, unha de maneira oral e outras dúas restantes de maneira escrita sen que obteña copia do mesmo por parte da negativa reiterada e constante do alcalde" sinalan fontes populares.
  • O Regulamento de Funcionamento das Entidades Locais sinala que é obrigatorio que todos os documentos que consten no expediente e que teñan vinculación co asunto que se vai a tratar teñen que estar 48 h antes a dispor da oposición, cuestión que non sucede co informe xurídico que o alcalde encarga ao departamento correspondente de Secretaría o 2 de novembro e que non consta no expediente.

Melide, 9 de decembro de 2022.- O PP de Melide solicitará a nulidade do acordo plenario que foi apoiado polos 7 edis de AM e do PSOE no pleno do pasado martes 22 de novembro polo cal se habilitaba o crédito extraordinario de 932.000 euros para adquirir un terreo de maneira directa polo Concello.

O PP de Melidexa se posicionou suficientemente no pleno municipal aludindo a unha operación clara de "pelotazo urbanístico" ao ter dito terreo un uso residencial e estar afectado por unha sentenza xudicial de derrubamento que obriga ao propio Concello a recuperar o terreo público que se encontra ocupado por un edificio en estado ruinoso e que con esta operación, os melidenses terán que sufragar cos seus aforros.

Ademáis dos motivos xa expostos e xa feitos públicos pola formación o PP alude a defectos de forma que invalidarían o acordo se se analiza o Regulamento de Funcionamento das Entidades Locais. Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala "dende o día 15 de novembro reclamamos que temos dereito a todos e cada un dos informes que teñen que ver con este asunto; no expediente consta un encargo do 2 de novembro do Alcalde ao departamento xurídico do concello quen ten a súa vez 10 dias para emitir o informe; se a comisión se celebrou o día 15 e non posuíamos o informe, se o pleno se celebrou o día 22 e seguiamos sen ter ese informe; se o pedimos duas veces por escrito e non se nos contestou e fixemos un rogo oral co mesmo tema e non se nos fixo chegar, está claro que se nos está ocultado información que por Lei temos que posuír para emitir correctamente o noso voto, así o establece a Lei, facer o contrario é irregular e ilegal" sentencia a portavoz, quen avanza que "isto obrigará a posicionarse ao goberno local de AM-PSOE e saber dunha vez por todas se existe ou non existe tal informe e que carácter ten.