O PP de Melide solicita a copia de 11 informes de intervención municipal que detectan reparos graves na xestión municipal
- A portavoz municipal, Dalia García, vén de solicitar a copia de 11 informes de intervención municipal que logo de consultalos o pasado día 16 de maio, sinalan graves deficiencias en materia contractual que sinalan os técnicos municipal.
- Existen montantes de facturas do ano 2020 e 2021 nos que se pagan facturas de máis de 40.000 euros sen seguir o procedemento pertinente a pesares de que no ano 2021 o goberno AM-PSOE cambiou as bases de execución do orzamento para que se solicitara soamente unha oferta a unha empresa, en vez das tres que regulamentariamente se solicitaban.
- A portavoz do PP de Melide, Dalia García, "sinala que aquelo que cando estaban na oposición o actual concelleiro de Facenda lle preocupaba sobre maneira e incluso recorría ao Tribunal de Contas de Galicia (anos 2015 e 2016) e incluso intentaron deixar facturas sen pagar durante meses procedentes do mandato popular, agora, extra limítanse sen ningún tipo de xustificación en gastos correntes, dos que unha vez analizados os informes, o PP tomará as medidas oportunas"
Melide, 20 de maio de 2022.- O PP de Melide sinala que o goberno bipartito municipal de AM-PSOE "primeiro goberna e despois minte" é dicir, primeiro interesoulle chegar a alcaldía difundindo todo tipo de argumentos falseados e agora executa aquelo que tanto criticaba e incluso denunciaba ao PP no seu día, que por outra parte tiña xustificación.
Dende a formación popular poden demostrar o dito anteriormente con múltiples exemplos pero neste caso se expón o caso dos informes de intervención municipal, en concreto un total de 11, que veñen de ser analizados pola portavoz dos populares melidenses e dos que se solicita copia física.
"Mentres que cando chegaron ao goberno, a pesares de herdar o concello máis saneado da historia melidense, se cansaron de dicir pouco máis que financeira e economicamente o Concello era un desastre, agora os informes técnicos expoñen claramente que o goberno de J.M. Pérez levanta reparos a diario con novos gastos e contratos que non son para nada servizos esenciais e se constituen con persoas afíns ao PSOE ou AM". O PP tomará as decisións oportunas nos próximos días, sobre todo con cuestións moi sensibles como a de asesoramento xurídico, é dicir, o Concello baixo o mandato do bipartito asinou e prorrogou un contrato de asesoría xurídica por un valor próximo aos 54.000 euros e a pesar diso, seguen contratando asesores xurídicos, con fins "pouco obxectivos" a xuízo dos populares de Melide.