O PP de Melide sinala que a política de deportes do bipartito AM-PSOE é un “timo”

11.04.2022
  • O PP de Melide vén de constatar que despois das preguntas do pasado pleno de Febreiro contestadas despois de dous meses nin un so euro do Concello de Melide foi investido na Liga de Pádel nin na Liga de Fútbol Sala.
  • "J.M. Pérez e o seu socio necesario J.A. Prado aprópianse de logros alleos ao Concello de Melide que son parte do traballo da sociedade civil melidense atribuíndose méritos alleos" sinala a portavoz do PP de Melide, Dalia García

Melide, 8 de abril de 2022.- O PP de Melide vé na política de deportes do bipartito AM-PSOE un auténtico "fiasco" sinalan fontes populares. Así as cousas, os populares melidenses rematan de comprobar que a pesar de que o Concello de Melide a través das súas RRSS Melide Activo e incluso Concello de Melide se apropiou de eventos deportivos que tiveron lugar na nosa vila organizados ben por clubes ou ben polos federados de pádel da provincia.

"Resulta de todo opaco e falto de transparencia que un goberno local tente apropiarse descaradamente de logros de outros cando non investiu nin un so euro na Liga de Pádel nin na Liga de Fútbol Sala onde hai que pagar arbitraxes e hai que sufragar os gastos mínimo ás respectivas Federacións" sinala Dalia García. Dende a formación popular indican que a resposta ás preguntas de control do goberno que o PP presentou o pasado Febreiro desvelan o que xa se temía "que nin un so euro do orzamento municipal se destinou á promoción ou axuda destes eventos o que evidencia que o bipartito AM-PSOE nin está nin se lle espera".

Os populares consideran que este modo de proceder do bipartito AM-PSOE é síntoma da súa debilidade á hora de gobernar no que a política de deportes é un exemplo máis "nin piscina, nin pavillón durante meses operativo cun campo de fútbol que estivo pechado para a xente de Melide que tivo que desprazarse a outros Concellos ao igual que está pasando agora coa piscina climatizada".