O PP de Melide sinala a pouca “altura de miras” da política municipal de baixar impostos do bipartito AM-PSOE
- No día de onte celebrouse a sesión do pleno ordinario da corporación, un pleno onde se tratou a adaptación da sentencia do Tribunal Constitucional á ordenanza vigente do IBI.
- Pese a que o PP votou a favor, a portavoz melidense, Dalia García, indicou que "baixar dun 20% a un 18% a tributación dun imposto do que o bipartito Am-PSOE non sabe a cantos contribuíntes afectará ou afectou a sua nulidade indica a pouca profundidade da adaptación normativa; toda baixada impositiva é benvida, non obstante, podían estudar outras cuestións como a bonificación de ata un 95% das transmisións" sinalou como proposta dos populares.
- O PP voltou a mostrar a súa capacidade de consenso ao presentar unha moción xeneralista sobre Ucranía, moción que foi enmendada polo bipartito AM-PSOE ao mostrarse os responsables municipais incapaces de ter realizado a principios de mes unha declaración institucional na que constaran todas as forzas políticas do Concello.
Melide, 1 de abril de 2022.- O PP de Melide sinala que a parálese que sofre Melide co bipartito tamén se está notando na orde do día dos plenos.
Asuntos de trámite son os que se elevan ao pleno ordinario quedando os asuntos de política local relegados a plenos extraordinarios e urxentes o que ilustra a "parálese" do bipartito municipal, señalan os populares.
Lonxe dunha baixada de impostos, reitera a portavoz popular, Dalia García, o que se produce é unha adaptación do imposto da plusvalía municipal a sentencia do Tribunal Constitucional. Baixar impostos supón bonificar ás familias da nosa vila que o están pasando mal non diminuír dous puntos o tipo de tributación dun imposto, que pese a preguntar, non sabemos a cantos melidenses vai repercutir.
García propuxo ao executivo local que se formulara unha rebaixa de "bonificación de ata un 95% da cota a pagar pô-la plusvalía municipal de ata o 95% no caso de mortis causa para vivenda habitual e de ata o 50% no caso de vivendas doutora natureza" como así o establecen outros concellos. A altura de miras do bipartito presidido por Pérez é nula, din os populares.
A moción a Ucranía presentada polo PP foi aprobada cunha emenda presentada polos grupos do goberno ao que o PP instou a "practicar o consenso" xa que ata en asuntos nos que non cabe debate pretenden afear a postura de presentar unha moción na que o que se pretende, é única, e exclusivamente declarar que o Concello de Melide, é dicir, toda a corporación condena dita guerra.
Aínda así, o PP unha vez máis, considerou a proposta a pesar de que en ningún momento o bipartito se puxo en contacto co noso grupo para pactala, subliñou a portavoz popular, Dalia García.