O PP de Melide rexistra unha moción de apoio a ALTRI para o seu debate no pleno melidense
- O grupo municipal do PP de Melide vén de rexistrar unha iniciativa de apoio ao proxecto da pasteira lusa, ALTRI que creará novas sinerxias no territorio que necesitan de todo o apoio que poida ter dende o goberno central, sinalan dende a bancada popular.
- García indica "non debería ser obxecto de debate algún xa que é o proxecto máis importante que en décadas influirá no noso territorio: confiamos que tanto AM como o PSOE voten a moción por unanimidade"

Melide, 4 de febreiro de 2023.- O PP de Melideven de presentar unhamoción na que solicitan o apoio do bipartito local, AM-PSOE no que respecta á implantación na comarca da Terra de Melide e Ulloa da pasteira ALTRI, un proxecto que debuxará un novo panorama económico, laboral e social en ambas dúas provincias, Galicia e incluso España.
Dende o grupo municipal popular expresan "cremos convinte facer esta declaración de intencións, que agardamos, sexa apoiada tanto por Am como polo PSOE dado que é a oportunidade do interior de Galicia, e polo tanto, de Melide en múltiples ámbitos; non podemos permitirnos cores políticas neste sentido, este asunto é capital".
Dende as filas populares preocupan as declaracións do delegado do goberno, José Miñones en canto aos comentarios de localización da fábrica de fibras téxtis así como a auditoría da Comisión Europea que realiza mensualmente aos países membros, nos que o ritmo de execución dos fondos Next Generation é máis baixo do que se agarda.
García, a portavoz dos populares melidenses sinala "Agardamos que esta proposta non sexa obxecto de debate na corporación melidense; é fundamental fortalecer as fortalezas de Melide para o futuro que este proxecto supón, de aí á necesidade de presionar, en todos os ámbitos de decisión de que haxa un apoio forte cara esta iniciativa".