O PP de Melide reitera ao bipartito AM-PSOE a solicitude de restablecemento do subministro de auga na parroquia melidense de Santalla de maneira urxente
- A portavoz dos populares melidenses, Dalia García, visitou no día de onte a parroquia melidense de Santalla acompañada por membros do grupo popular para constatar si a solicitude de restablecemento do suminitro a nivel municipal fora resolta. Para sorpresa dos populares, a veciñanza informounos que mailo alcalde e o tenente alcalde se desprazou ao lugar o único ao que recorren é a excusas: executada a obra non hai ningun motivo para non proveer de auga aos veciños.
- Os populares puideron comprobar que a situación incluso era peor xa que o Centro Social non conta con auga tampouco debido aos problemas de suministro que hai na parroquia. "Isto é inadmisible" califican os populares, quen aluden a "falta de xestión diaria ao bipartito AM-PSOE que pretende culpabilizar á Augas de Galicia dun problema puramente municipal" sinala a portavoz popular, Dalia García.

Melide, 30 de abril de 2022.- A portavoz popular, Dalia García, desprazouse acompañada de edís do seu equipo á parroquia de Santalla para constatar se se tiña solucionado o problema de "subministro de auga" que lle tiñan trasladado os veciños hai a penas unha semana. In situ os populares puideron comprobar que efectivamente a obra foi realizada por parte do Concello pero que sigue sen desbloquearse a situación: "Existen probas de que o Concello cofinanciou a traída na década dos 70 e hoxe en día a lexislación base de Réxime Local establece que a competencia de proveer servizos básicos como é a auga é pura e únicamente municipal; se o Concello ten executou a obra tal e como se detec ta no pavimento e atestemuñan os veciños porque non dá a auga?" sinala a portavoz popular, Dalia García.
Os populares avanzan que "Incluír a Augas de Galicia nun asunto puramente municipal demostra a bisoñez política de quen nos goberna, obsesionados con culpabilizar ao contrario: ou ao PP ou a Xunta de Galicia quen por outra parte, non é a primeira vez que lle recorda ao alcalde melidense, J.M Pérez e ao seu goberno que o suminitro de auga é puramente municipal" sinala Dalia García quen ademáis, apuntala "cal é o motivo polo que non hai servizo de auga en Santalla cando antes o Centro Social tiñaoo e nunca houbo problemas no mandato popular e agora un veciño vive da solidaridade dos veciños, sen un ben básico pola incapacidade deste Concello, ante iso o alcalde o único que garda e silencio". Os populares avanzan que non pararán ata conseguir que se restablezan os servizos, "aos que por dereito" lles corresponde á veciñanza melidense: ou ben o Concello fai unha captación de auga municipal ou que expliquen tanto Pérez como Prado, responsables en obras, porque teñen feito a obra de canalización da traída e agora non lle dan uso, sinalan os populares.