O PP de Melide recurrirá unha Relación de Postos de Traballo aprobada con informes desfavorables e sen o apoio do sindicato maioritario no Comité de empresas
- O PP de Melide recorrirá unha Relación de Postos de Traballo desigualitaria, que cercena a carreira profesional en base aos principios constitucionais de mérito e capacidade así como, non cumpre, segundo os informes de secretaría e intervención coa legalidade vixente ao sobrepasar a subida de soldos o 2% que marca como máximo a Lei de Presupostos do Estado.
- Dalia García, portavoz do PP melidense "9 meses despois de ter aprobado a RPT inicialmente, o bipartito Pérez-Prado trae a pleno a aprobación definitiva deste instrumento de maneira atropelada e afogado polos tempos políticos; unha RPT que contou con 13 alegacións de traballadores e traballadoras que se resolven de maneira moi lixeira, conta cos informes xurídicos e económicos desfavorables; o PP non permitirá que se hipoteque o futuro dos melidenses coa aprobación dunha RPT que so beneficia a uns poucos en detrimento da economía de todo un Concello e que ademáis, é de dubidosa legalidade"
Melide, 4 de agosto 2022.- O Pp anuncia e liña coa coherencia xa exposta no pleno do pasado decembro onde a Relación de Postos de Traballo se aprobou inicialmente recorrerá no contencioso esta proposta de organización dos recursos humanos do Concello ao ser unha proposta que conforme aos informes de intervención e secretaría "non se adecúa a dereito, perpetúa as desigualdades a igual traballo diferente retribución e da que o bipartito AM-PSOE mentiu ao pleno dicindo que se aprobara por unanimidade polos sindicatos presentes na negociación; o feito é que o sindicato maioritario do Comité de Empresa do Concello de Melide na súa alegación sinala que a o documento que foi pactado coas organizacións sindicais non é o que finalmente se aprobou en pleno o que ao seu xuízo é un fraude de lei".
O PP quere deixar claro que non está en contra da adecuación que era necesaria da Relación de Postos de Traballo á realidade actual do Concello pero non podemos permitir que, con informes claramente desfavorables se utilice este instrumento para subir indiscriminadamente o soldo en base a promesas electorais que, poden constituír un fraude de lei tal e como se establece no Código Civil e do que foron advertidos os responsables municipais.
Dalia García, portavoz dos populares melidenses: "Os melidenses de a pé teñen que saber que mentres a situación económica é de extremada dureza e delicadeza non podemos permitir que o 42% do orzamento municipal (7.281.000 euros) se adique a sufragar soldos fóra da legalidade vixente e non se aumenten os servizos públicos, minguen ou aumenten os impostos" sinalan dende o grupo municipal popular.