O PP de Melide recorre xudicialmente unha Relación de Postos de Traballo que considera desigual e inxusta
- O PP de Melide vén de presentar formalmente demanda no Xulgado contencioso administrativo da Coruña logo de recorrer xudicialmente tal e como se anunciara no seu momento en sede plenaria a Relación de Postos de Traballo aprobada cos votos a favor do bipartito AM-PSOE.
- "Agravar as desigualdades en postos iguais discriminando vía complementos así como aprobar unha Relación de Postos de Traballo que non conta cos informes xurídicos e económicos favorables lastrará economicamente ao Concello, non aportará máis servizos públicos e non prepara a administración local para os desafíos do futuro" sinala a portavoz popular, Dalia García.
Melide, 10 de decembro de 2022.- O PP de Melide ven de presentar formalmente a demanda contra a Relación de Postos de Traballo que a xuízo dos populares melidenses obedece a "unha política clientelar na que Pérez e Prado premian a uns e discriminan a outros cando a lexislación vixente obriga a cumprir a máxima de a igual posto igual salario, algo que sempre defendeu o PP".
Así as cousas os populares manifestan a súa posición xa coñecida cara esta ordenación dos postos de traballo no Concello que xa anunciaron en pleno municipal "non imos consentir que se repartan complementos que non obedecen ao nivel de responsabilidade dos postos; se retiren nalgúns casos complementos que estaban consolidados simplemente por vinganza ou se amorticen prazas pola porta de atrás argallando que o motivo é a reforma laboral" sinala a portavoz municipal do PP, Dalia García, que a súa vez reitera "o PP non está en contra da aprobación dun instrumento de ordenación do traballo no Concello; simplemente defendemos que a igual traballo igual salario, que o complementos que poida ter un posto sexa funcionarial ou laboral deba obeder a criterios de risco ou de responsabilidade e que, sobre todo, se cumpra coa lexislación vixente, ningún informe de Intervención ou de Secretaría é favorable.
Os populares avanzaron xa no Pleno a súa oposición, que sinalan, non é o único contencioso ao que Pérez e Prado se van a atopar xa que hai enmendas a totalidade presentadas por outras organizacións que obedecen a criterios de natureza material, os populares sinalan "alguna organización sindical xa recurriu en proceso de alegacións manifestando que a RPT que se elevou finalmente a pleno non é a que se negociou con eles, o que dí moito deste goberno" sinala García.