O PP de Melide recórdalle ao bipartito AM-PSOE que debe cumprir entregando a documentación e cumprir coas directrices que lle indica á Valedora

28.06.2022
  • O grupo popular melidense vén de recibir no día de hoxe unha comunicación por parte da alta comisionada estatutaria na que se lle pon de manifesto que se vén de reiterar ao Concello de Melide cales son as medidas postas en marcha para cumprir coa queixa formulada polo PP relativa á utilización dos medios de comunicación públicos locais.
  • "Non ter respecto polos procedementos, polas institucións, polo que representan, polas diferentes sensibilidades, é en definitiva o "modus operandi" do bipartito Pérez-Prado" sinala a portavoz popular, Dalia García.
Comunicación recibida pola Valedora
Comunicación recibida pola Valedora

Melide, 23 de xuño 2022.- O Pp de Melide vén de recibir unha comunicación por parte da Valedora do Pobo ante o silencio do bipartito AM-PSOE relacionado coas indicacións que a alta comisionada do Parlamento Galego lle vén de realizar ao goberno de Melide despois de levar tres anos silenciando ao PP na utilización de medios públicos: Radio Municipal así como a utilización das páxinas webs e RRSS. O PP non deixa de sorprenderse coa actitude do bipartito ante os mandatos dun órgano estatutario que exerce un poder lexitimo para que se cumpran os procedementos aos que o PP anunciou que volverá a recorrer.

"Manter silencio unha vez que se recibe un tirón de orellas sobre a politización dos medios de comunicación que son de todos e manter silencio sobre o asunto non contestando aos requerimentos é a mostra da febre saúde democrática deste bipartito" sinala a portavoz popular, Dalia García. Dende o grupo popular indican que o que pretende o bipartito Pérez-Prado é perder tempo para evitar que o PP poida voltar aos micros de Radio Melide, expresarse en igualdade acorde coa súa representación na corporación como forza maioritaria; "temos o respaldo de 2.240 veciños e veciñas de Melide e son a eles aos que están silenciando porque non aturan que lle fagan a oposición" reitera a portavoz popular, Dalia García.