O PP de Melide reclama solucións ante o silencio do bipartito sobre a falta de clases de guitarra no Conservatorio
- Alertados polos pais e nais do Conservatorio Municipal de Melide constatamos que a piques de cumprirse un mes non se está dando clase ao alumnado desta disciplina nin na modalidade libre nin oficial.
- O PP de Melide reclama unha solución xa que o alumnado merece canto menos unha explicación por parte do goberno AM-PSOE, que nin sequera se puxo en contacto cos afectados, quenes recibiron a información vía Whatsapp.

Melide, 24 de marzo de 2023.-. O PP de Melide vén escoitar as demandas dos pais e nais do Conservatorio de Musica Municipal da asignatura guitarra que levan case un mes sen clase a pesar de ter pagada a matrícula polo curso académico completo. Os populares fan fincapé en que o alumnado de guitarra non recibiu nin unha sola explicación de porqué non hai clase, cando se renudarán ou cal é o motivo polo cal a modalidade de libre non recibe a súa media hora individual e se fan clases conxuntas.
Dende o PP reclaman transparencia na xestión dos servizos públicos municipais, solicitarán as explicacións oportunas ao goberno Pérez-Prado e demandarán a devolución proporcional da matrícula recordando que o Conservatorio é unha ensinanza regrada e supervisada pola Consellería de Educación.