O PP de Melide reafirma o apoio da Xunta para con Melide mentres a Deputación e o Concello permanecen de “mans cruzadas”

24.10.2022
  • O PP de Melide informa sobre os orzamentos da Xunta e o seu compromiso "firme e sólido con Melide", sinala a portavoz popular, Dalia García.
  • "Manteñense as partidas comprometidas en pleno polo grupo municipal popular para a canalización das augas da EDAR municipal por parte da Consellería de Medio Ambiente así como a segunda fase do saneamento de Santa María a pesar da tardanza do Concello en enviar a disposición do terreos" apuntan os populares melidenses.
  • A Xunta segue a ser, pese a non ter competencias directas en moitas das materias, a administración que maior apoio da aos concellos galegos. Dende a formación popular sinalan que a meirande parte das actuacións que o Concello "quere facer propias" son financiadas por Ordes da propia Xunta. "O fracaso do bipartito Pérez-Prado é tan evidente que nin sequera se asinou un convenio coa Deputación nos máis de tres anos e medio de mandato".

Melide, 24 de outubro de 2022.- O PP de Melide ven de analizar os capítulos de gasto dos orzamentos que a pasada semana presentou a Xunta de Galicia no Parlamento galego. 

Fronte as desinformacións do bipartito Am-PSOE máis centrado nos seus intereses persoais e nas liortas internas que se manifestan en público unha vez máis, o PP quere deixar claro que os seus intereses son os melidenses, máis servizos, menos impostos e mellor calidade de vida na nosa vila. 

"E para iso demostramos unha vez máis, reitera a portavoz popular, Dalia García, o compromiso da Xunta de Galicia con Melide: a Consellería de M. Ambiente volve a orzamentar por terceiro ano consecutivo, a pesar de non terse executado nos dous períodos anteriores, o terzo correspondente para o financiamento da obra de canalización das augas residuais do parque empresarial á EDAR municipal. Por outra banda, Augas de Galicia manifesta claramente o seu compromiso coa depuración de augas coa segunda fase do saneamento de O Rañado, parroquia de Santa María (150.000 €), fito conseguido polo goberno popular no anterior mandato que dotará a esta área de Melide dun servizo fundamental".

Cadro explicativo cos desglose das partidas de gasto de todas as Consellerías: 

Os populares sinalan que maila que o compromiso da Xunta é palpable e demostrable ca nosa vila o bipartito. Pérez-Prado non foi capaz de conseguir ningún investimento para Melide fóra daquelo que a Deputación xa financia por dereito ao recadar os impostos municipais delegados (IBI, IAE e IVTM) a pesar dos múltiples globos onda aos que nos teñen acostumados, sentencian os populares melidenses. 

  • Nin se materializou o terzo de financiación para a canalización das augas residuais á EDAR municipal por parte da Deputación da Coruña en ningún dos seus orzamentos. 
  • Nin existe ningún convenio nominativo con Melide por parte da Deputación provincial a data de hoxe. 
  • Nin este goberno conseguiu ningún investimento reseñable para Melide que non saise das arcas municipais, é dicir, dos impostos dos melidenses.