O PP de Melide proxectará un patio cuberto multifuncional no CEIP de A Martagona se obtén a confianza dos melidenses o 28-M
- O PP de Melide ven de manter unha serie de roldas de contactos coas asociacións e entidades da vila co fin de elaborar un programa realista e participativo de cara as vindeiras eleccións do 28 de Maio.
- "Construír un patio cuberto é unha proposta a que non imos renunciar" sinala a portavoz municipal do partido e candidata, Dalia García, quen así lle lo transmitiu aos membros da ANPA cando mantivo unha xuntanza informativa cos pais e nais que asistiron.
- Durante os mandatos populares priorizamos os investimentos neste centro: cambio integral de cuberta aproximadamente 85.000 euros en total así como traballabamos no momento en que houbo o cambio de goberno, no cambio de ventás para mellorar na eficiencia enerxética.
- Os datos en investimentos en educación durante os mandatos populares son públicos e a eles nos remitimos, non imos entrar en guerras absurdas de quenes non teñen carta de presentación sobre o traballo realizado que é polo que lles pagan os melidenses.

Melide, 10 de abril de 2023.-. O PP de Melide proxectará un edificio cuberto multifuncional no perimetro do CEIP Martagona que por unha banda subsane os problemas de espazo cuberto deste centro e por outro, poida incrementar os espazos multideportivos do Concello. "Xa se utilizou esta formula de colaboración entre Educación e o Concello no pavillón que actualmente está no IES de Melide polo que non sería un procedemento novidoso" aportan os populares melidenses que sinalan que estes 4 anos supuxeron unha oportunidade perdida: 4,5 millóns de aforro municipal que se podían ter investido na mellora da vida dos cativos e cativas do noso Concello, en investimentos como o que propoñemos.
Así mesmo, sinalan que o bipartito AM-PSOE so comenzou a facerse eco das demandas dos CEIPs da vila así como do IES de Melide en canto e tanto o PP iniciou a rolda de contactos con aras de escoitar a toda a comunidade educativa, as súas demandas e necesidades, o que a xuízo do Grupo Popular é un síntoma máis de esgotamento dun bipartito que non aportou nada aos melidenses. "Non solicitaron sequera nin a subvención que a Consellería de Educación publicou o pasado agosto para infraestructuras deste tipo e agora queren tapar a súa incompetencia con insultos e sandeces como de costume; nós ofrecemos traballo e solvencia".
Dende o PP, se os melidenses nos outorgan a súa confianza o vindeiro 28 de Maio traballaremos para, ademáis de conseguir investimentos que quedaron no tinteiro, poidamos unir esforzos para que o patio cuberto no CEIP A Martagona sexa unha realidade que beneficie a todos/as.