O PP de Melide presentará unha moción no próximo pleno ordinario para propiciar un acordo sobre a autovía Lugo Santiago

25.09.2022
  • O PP de Melide presentará no próximo pleno ordinario unha moción co fin de propiciar un acordo sobre a pertinencia de obter do goberno central un claro compromiso para o remate da autovía Lugo-Santiago.
  • Dalia García, a portavoz popular sinala "é unha pena que se remate o segundo ano Xacobeo e Melide e a súa contorna non esté conectado por autovía coa capital galega incrementando custos ás familias, aos estudantes e aos traballadores que teñen que desprazarse día a día para gañar o seu pan" sentencia.
  • Con esta moción o que se pretende é mostrar o descontento pola "desconexión" ao que o goberno central do PSOE somete a vilas como Melide así como propriciar o consenso na corporación melidense sobre asuntos dunha entidade trascendental para o desenvolvemento económico e turístico da nosa vila.

Melide, 26 de septembro de 2022.- O PP de Melide instará ao goberno municipal AM-PSOE a adoptar unha decisión sobre a necesidade de presionar ao goberno de España para que remate cun compromiso claro e taxante os tramos Palas de Rei-Melide así como Melide-Arzúa os únicos que non están en funcionamento da autovía A-54.

Dalia García, portavoz dos populares melidenses declara: "é lamentable que Galicia sufra a desconexión do goberno de Sánchez e os seus socios en Melide no alcen a voz ante este feito: milleiros de peregrinos que se ven avogados a camiñar con perigosidade pola falta de compromiso do goberno central para rematar unha infraestrutura pola que levamos agardando décadas; perigosidade que se ve incrementada pola cantidade de tráfico rodado que soporta a N-547 debido á proximidade do último tramo aberto en Palas de Rei e a súa continuidade no extraradio do veciño Concello de Arzúa; centos de melidenses que se desprazan a diario á capital da nosa comunicade ben para estudar ben para cumprir coas súas obrigas laborais cuxo peto se resinte ante a suba dos combustibles e a falta de seguridade así como as oportunidades económicas e turísticas que se perden debido a lentitude por executar esta obra".

Segundo os populares, o que pretenden con esta moción é presionar áo goberno de Sánchez para que unha vez por todas garantice nos orzamentos do ano 2023 os cartos necesarios para rematar a obra; "so así saberemos que é un compromiso serio, as boas palabras levaas o vento" din dende a formación popular.