O PP de Melide presenta unha moción co fin de adoptar un acordo por unanimidade co bipartito AM-PSOE para que o goberno central non deixe a Melide sen as liñas de bus que lle corresponden

05.06.2022
  • O grupo municipal do PP de Melide presentou unha moción co galo de que o PSOE e Adiante Melide de Prado e Pérez se sumen á protesta do PP fronte a eliminación das liñas de bus de carácter estatal que pretende aprobar o executivo de Sánchez.
  • Dalia García, portavoz dos populares melidenses: "agardamos que poidamos atopar un punto en común para impedir que os melidenses se teñan que desprazar a Santiago, Lugo, Ourense ou Coruña se queren acceder a un servizo público que antes tiñamos garantido; máis nunha vila onde o Camiño de Santiago é fundamental; non podemos deixar que nos desconecten literalmente do mapa"
  • O pleno celebrarse o vindeiro martes día 7 de xuño, polo que o PP de Melide agarde que se vote por unanimidade a proposta aínda que esta teña carácter urxente e extraordinario, vistos os últimas informacións que a portavoz dos populares puido recabar na reunión á que asistiu xunto con homólogos e a secretaria xeral do PPG, Paula Prado.

Melide, 5 de xuño 2022.- O PP de Melide vén de presentar unha moción de xeito extraordinario e urxente que agarda sexa votada por unanimidade no próximo pleno ordinario que se celebrará o martes na corporación melidense. Así as cousas, os populares melidenses reclaman que o PSOE que goberna en coalición cos independentes Adiante Melide rectifique os criterios empregados no deseño do novo mapa concesional das liñas de transporte por estrada que deixa a Melide totalmente desconectado.

Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala "tendemos a man novamente en asuntos de importancia municipal no que cremos que o goberno central de Sánchez debe e pode rectificar; os criterios economicistas para prestar ou non un servizo público non poden ser os que gañen".