O PP de Melide pide que o bipartito AM-PSOE sexa exemplar no coidado do mobiliario urbano e as infraestruturas viarias
- O PP de Melide vén de detectar varias prácticas realizadas baixo a supervisión do bipartito AM-PSOE que danan o mobiliario público e as infraestruturas municipais.
- "Non se pode esfuracar canto cemento ou aglomerado hai para enganchar casetas de feira ou mesmo a carpa municipal, se seguimos así non teremos rúas nin pistas senón buracos que se converterán en fochancas que incluso poden concluír en responsabilidades patrimoniais de cara o Concello " sinala a portavoz Dalia García,
Melide, 29 de abril de 2022.- O PP de Melide demanda que se eliminen certas prácticas á hora de montaxe e desmontaxe no mobiliario urbano."Non se pode amarrar as casetas de feira ou a carpa municipal con anclaxes no firme da rúa ou mesmo en pistas que hai poucos anos que foron feitas con aglomerado xa que iso implicará un custo a longo prazo e unha imaxe visual moi pouco coidada de Melide" sinala a portavoz popular, Dalia García ao fío de detectar determinadas prácticas que entendía desterradas do Concello.
"Sempre se montaron casetas de feira para os eventos municipais, sempre se cooperou coa montaxe e desmontaxe da carpa nas parroquias para a celebración das festividades locais, pero o que sempre se intentaba e non lesionar o patrimonio municipal" expoñen os populares melidenses á hora de denunciar os anclaxes que na Rúa do Convento e nas travesías colindantes se realizaron no pavimento á hora de instalar casetas. "Aínda que son rúas que se van a rehabilitar cun proxecto elaborado e xestionado polo PP o certo é que non temos garantías de que esto non se repita xa que vimos de detectar que en viais de acceso ás parroquias realizados en aglomerado en quente no anterior mandato se fixeron igualmente anclaxes que non respetaron a pavimentación o que supón que se extrapolamos iso ás 26 parroquias teremos en moi pouco tempo fochancas en pistas que tiñan que estar perfectas a lo menos unha década".
Os populares melidenses destacan que esto é a consecuencia dunha deixadez constante por parte dos dous responsables de obras tanto o alcalde, J.M. Pérez como o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado quen, a xuízo dos populares, "nin está nin se lles espera".