O PP de Melide pide máis seguridade vial no Camiño Primitivo e no tramo peri-urbano do Ribeiro-Avenida de Toques-O Forte

04.07.2022
  • O PP de Melide reclama un mellor mantemento e seguridade vial en tramos moi perigosos do Camiño de Santiago, variante Primitiva que trascorren por varias parroquias melidenses, desde A Veiga, Ponte da Pedra, a Martagona, Zaramil, O Ribeiro, Avenida de Toques Friol, entre outras.
  • "A maleza fai que o peregrino e os veciños e veciñas de Melide non podan discorrer nos seus paseos diarios a unha distancia de seguridade razonable dos vehículos que trascorren pola calzada, facendo que na maioría das situacións teñan que poñerse en perigo nos puntos cegos da vía ou ter que baixar da beirarrúa incluso, por exemplo, en O Ribeiro"

Melide, 4 de xullo 2022.- O PP de Melide reclama máis e mellor mantemento en certas vías de titularidade local polas que discorre un alto número de viandantes, incluído peregrinos. "Varias parroquias de Melide atópanse a estas alturas sen desbrozar e isto provoca situacións de inseguridade viaria; convidaría aos actuais responsables municipais que pasearan polos tramos peri-urbano de O Forte ou o Ribeiro no que a maleza invade a beirarrúa ou parroquias como Zaramil polas que discorre o Camiño Primitivo no que existe perigo para veciños e peregrinos se a vía non está despexada", sinala a portavoz do PP, Dalia García.

Dende a formación popular instan ao bipartito Pérez-Prado a necesidade de coordinar os traballos de desbroce en todas as parroquias "que deixa moito que desexar" para o grupo municipal do PP así como a necesidade de asegurar o peón que cando ven o bo tempo sae máis asiduamente a pasear, se un concello non coida a imaxe, a seguridade, ata o punto de ter que baixar da beirarrúa para poder transitar, é unha mostra máis "do pouco traballo e esforzo que se pon na carteira de obras e servizos municipal nestes e outros moitos traballos" sinalan dende a formación popular.